Felicitación de Nadal 2024

Querida comunidade educativa, 

Dende o CEIP de Carballedo desexámosvos que pasedes unhas moi boas festas xunto cos vosos seres queridos e que próximo ano veña cargadiño de boas novas.

Nós aquí vos esperamos con novas ideas e propostas para a nosa rapazada!

FELICES FESTAS

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Programa de radio especial Nadal!

 OLA RAPAZADA!

Achégase a época máis máxica do ano polo que aquí vos deixamos o primeiro programa de radio especial Nadal para ir quentando motores.

Agardamos que vos guste e que o pasades tan ben como o fixemos nós cando o escoitedes.

Apertas

Castañón

Exposicións PDI Carballedo, escola de superheroes 1º trimestre

 OLA OLA RAPACES E RAPAZAS!
O venres pasado todo o noso alumnado demostrou o aprendido ao longo deste primeiro trimestre sobre os superheroes.

Reto da biblio: Novembro

RETO SUPERADO!



Noraboa a toda a rapazada por superar con creces o reto da biblioteca do mes de novembro.


Agora Castañón xa poderá pasar desapercibido para que os viláns non descubran a súa identidade e poida estar tranquilo desfrutando das lecturas da nosa biblio.


Moitas grazas!


Conmemorando o Día Internacional da (dis)Capacidade

 BOS DÍAS COMPAÑEIROS/AS!

Este martes 3 de decembro conmemoramos Día Internacional da Discapacidade.

Constitución da cooperativa As Cores de Carballedo 5.0

 OLA RAPAZADA!

Outro curso máis poñemos en marcha a nosa cooperativas As Cores de Carballedo.

Obradoiro de cómic e ilustración!

 BO DÍA NENOS E NENAS!

Esta semana tivemos a gran oportunidade de contar con Natalia Umpiérrez  e Berto Fojo, os cales nos ofreceron uns obradoiros de banda deseñada e ilustración con temática de superheroes!

Dinamización da biblioteca: outubro!

 OLA RAPAZADA!
Outro ano máis, co obxectivo de dinamizar a nosa biblioteca e os seus recursos, continuamos cos nosos obradoiros polas tardes e, no mes de outubro, as actividades que fixestedes foron chulísimas.

Programa de radio: especial Samaín parte 2

 OLA RAPAZADA!
Pensábades que xa remataramos co Samaín? Pois non! Estos días estivemos editando o segundo programa de radio para que sigades tremendo co medo. 

Esperamos que vos guste!

Apertas

Castañón


Festexamos o Samaín e inauguramos Polos Creativos!

 OLA RAPAZADA!

Este ano festexamos o Samaín dunha maneira diferente... coa INAUGURACIÓN DE POLOS CREATIVOS!

Imos de carb@ruta!

OLA RAPAZADA! 

A semana pasada, aproveitando o día tan solleiro que tivemos, fixemos a nosa primeira carbaruta do curso.

Programa de radio: especial Samaín!

OLA A TODOS E A TODAS!
Xa estamos metidos na radio do cole e gravamos un programa especial Samaín que estamos desexando que escoitedes!

Por aquí o deixamos, esperamos que vós guste tanto como a nós.

Apertas!

Castañón

Xornada deportiva: campo a través!

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!

Que gran xornada tivemos esta semana, pois outro curso máis chegou un dos días máis esperados: o campo a través!

Concurso de ambientación de portas!

 OLA RAPAZADA!

Que ganas tiña de comezar este novo curso e poder contarvos todas as novidades por aquí!

Como xa sabedes, o 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas Escolares e nos sempre damos o pistolazo de saía ao noso Proxecto Documental Integrado, este ano chamado Carballedo, escola de superheroes, coa decoración das nosas portas.

PDI CARBALLEDO, ESCOLA DE SUPERHEROES!

 BO DÍA RAPAZADA!

Espero que este ano cargarades ben as pilas no verán pois o noso PDI para este curso está cheo de moitas actividades e traballo. Ademais, trátase dun tema escollido por vós: os superheroes. Por aquí vos deixamos o proxecto para este curso para que lle botedes unha ollada.


Saúdos 

Castañón

Club de lectura 3º trimestre

 BO DÍA RAPAZADA!

Estase achegando o fin de curso e toca ver que libros escollimos e que actividades fixemos no club de lectura durante este trimestre.

As cores de Carballedo 4.0

 BO DÍA RAPAZADA!
Co remate do fin de curso chega tamén o momento de amosar e poñer á venta todos os produtos elaborados durante estos meses na nosa cooperativa.

Recomendacións lectoras para o verán!

Benqueridas familias:

Como tódolos anos coa chegada do verán deixámosvos por aquí as nosas recomendacións lectoras para que pasades un ratiño de agrado.



Dende o CEIP de Carballedo desexámosvos un moi bo verán!

Vémonos en setembro!


Apertas

Castañón

Obradoiro: Intelixencia emocional

 OLA RAPAZADA!

Este trimestre tivemos a sorte de contar coa colaboración dunha mamá que lles impartiu á rapazada uns obradoiros de intelixencia emocional.

Xornadas de deporte escolar

BOAS RAPAZADA!

Outro ano máis o alumnado de 3º a 6º gozou dunhas xornadas de convivencia e deporte escolarcon outros centros da contorna.

Programa de radio

 Rapazada! Chegou o verán e con el o noso último programa de radio. Imos descubrir que foi o que aprendestedes sobre os animais este ano. Preparados/as?

Xornada peche fin de curso: Carballedo, que animalada!

BO DÍA RAPAZADA!
Agora sí que sí rematou o curso 23-24 e. por iso, o último día levamos a cabo unha xincana polo centro educativo coas nosas familias.

Exposición PDI Carballedo, que animalada! 3º trimestre

OLA RAPAZADA!
Chega o remate do curso e con el a exposición do terceiro trimestre do noso PDI: Carballedo, que animalada! 

Apadriñamentos lectores: curso 23-24

Bo día compañeiros/as!


Outro ano máis, co obxectivo de fomentar a lectura entre a nosa rapazada decidimos continuar cos apadriñamentos lectores. Como xa saberedes doutros anos, estes apadriñamentos consisten en que os máis maiores lle lean á rapazada máis cativa do centro. 

Este ano, debido á implementación no noso centro dos obradoiros interniveis enmarcados dentro do programa Polos Creativos levámolos a cabo tódolos mércores despois do recreo. 

Por aquí vos deixamos unhas fotiños!


Saúdos

Castañón

Obradoiro de radio

OLA RAPAZADA!

Este ano volvemos gozar dun novo obradoiro de radio.

Xornada de convivencia deportiva nas Extremas!

OLA RAPAZADA!
O pasado luns tivemos a I Xornada de Convivencia Deportiva para o alumnado de 1º e 2º de tódolos centros educativos de Terra de Montes.

Club de lectura e familias

Estimadas familias!

Outro ano máis queremos agradecervos a vosa implicación e participación no club de lectura.

 Este curso as lecturas escollidas foron as seguintes:


Durante estos meses levamos a cabo diversas xuntanzas nas que comentamos e intercambiamos imprensións do lido. Ademais, tamén aproveitamos a visita de Ledicia Costas a Pontevedra, a autora do segundo libro escollido, para xuntarnos e ter así o libro asinado.

Agardamos vernos o próximo curso 24-25!

Moitas grazas a todos e todas!

Saúdos!



Obradoiro sensorial: pompas!

 RAPAZADA!
Non me diredes que non o pasachedes de marabilla o outro día facendo pompas!

Iniciación ao golf para o alumnado de 5º e 6º

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O noso alumnado de 5º e 6º estivo de sorte pois puideron gozar dunha gran xornada na que coñeceron e practicaron un novo deporte: o golf.

Club de lectura: 2º trimestre

 OLA RAPAZADA!

Durante o segundo trimestre continuamos co club de lectura e, polo tanto, tivemos a gran sorte de gozar de novas lecturas.

Día da familia 23-24

     OLA RAPAZADA!

O mércores 15 de maio conmemoramos o Día da Familia.

DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 OLA RAPAZADA!

O venres 17 de maio conmemoramos como cada ano o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Luísa Villalta. 

Semana de rodas!

OLA COMPIS!
Por segundo ano adicamos unha semana as rodas! Os patios dos coles enchéronse de bicis, patinetes, monopatíns... e moita diversión.

Programa Aprendendo a Nadar!

 BO DÍA RAPAZADA!

Este ano tivemos a oportunidade de gozar dunhas clases de iniciación á piscina grazas ao programa Aprendendo a Nadar.