OLA RAPAZADA!
Este trimestre tivemos a sorte de contar coa colaboración dunha mamá que lles impartiu á rapazada uns obradoiros de intelixencia emocional.
Os obradoiros consistiron en tres partes: unha primeira de iniciación na que se lle convidou ao alumnado a que verbalizasen o que sabían sobre as emocións, unha segunda parte na que profundizaron un pouquiño máis sobre elas, especialmente sobre as seis emocións básicas e unha terceira na que tiñan que debuxar a silueta dun igual e escribir as emocións que lles xeneraban. Outra das actividades tamén foi a creación de pulseiras con limpiapipas nas que asociarían cada color e cada cunca a unha emoción determinada. Por aquí vos deixamos algunhas fotiños do que desenvolvemento dos talleres:
Saúdos
Apertas
Ningún comentario:
Publicar un comentario