Semana de rodas!

OLA COMPIS!
Por segundo ano adicamos unha semana as rodas! Os patios dos coles enchéronse de bicis, patinetes, monopatíns... e moita diversión.

O noso colexio segue aposta pola semana de rodas tras comprobar o ben que o pasa a nosa rapazada. Outro ano máis o alumnado tivo a sorte de poder traer ao centro as súas bicicletas, monopatíns, patíns... e gozar no patio doutro xeito. 

Dende logo, unha moi semana na que non só fomentamos a mobilidade sostible senón que tamén potenciamos a actividade física e vida saudable.


Xa podíamos ter isto tódolos días verdade?

Saúdos

Castañon




 

Ningún comentario:

Publicar un comentario