ENTROIDO

Boas rapazada:
Como xa sabedes o pasado día 1 de marzo tivo lugar na nosa escola o Entroido, e nesta ocasión para relacionalo co P.D.I. fixemos dúas actividades por unha banda a nosa particular entrega de premios Nobel, e como non podía ser doutra maneira chamámoslles Cast@nobel, elaboramos unha pasarela de cor azul, tentando imitar a gala de entrega destes afamados premios e coa axuda da impresora 3D elaboramos os agasallos de regalo, que foron unhas moedas conmemorativas do evento. 
E por outra banda elaboramos unha exposición de inventos cotiás que empregamos a diario, e que o alumnado trouxo a aula, pero tiñan que buscar quen era o seu inventor/a,  a data e o país de orixe e o día do Entroido o alumnado de 5º e 6º  dirixiu a visita os pais pola exposición onde ademais dos citados inventos tamén se podían ver os realizados polas familias no Nadal.
Aquí vos deixo unhas fotiños deste día para ir abrindo boca  aínda que posterioremente achegarase o vídeo resumo do evento.




















 A FIN DE GUSMALOTE




AS SOBREMESAS 




 A VISTA Á EXPOSICIÓN 




PARABÉNS AOS PREMIADOS E GRAZAS A TODOS OS PARTICIPANTES. SAÚDOS 
CASTAÑÓN

8 DE MARZO: DÍA DA MULLER

Boas rapazada:

Como xa sabedes o pasado venres, día 8 de marzo foi o día da muller, e na nosa biblio fixemos unha escolma de libros sobre mulleres importantes na nosa historia, en diferentes ámbitos, na cultura, na ciencia, na arte...para facilitarlle o traballo ás aulas e que puideran dar a coñecer diferentes mulleres bravas da nosa historia na hora de ler.



SAÚDOS 
CASTAÑÓN

PRIMAVERA DAS LETRAS



Boas rapazada:
Como xa sabedes, o pasado xoves día 28 de febreiro tivo lugar na nosa biblio, un acto organizado pola RAG (Real Academia Galega) e no cal participamos os colexios de Tenorio e o de Carballedo. 
Este acto é o primeiro de moitos que se van levar a cabo para celebrar o ano das letras galegas adicado a ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS, un veciño de Cotobade.
Para facer unha homenaxe ao noso ilustre veciño elaboráronse diferentes traballos plásticos, nos cales o alumnado plasmou gráficamente a súa vida e a súa obra. 
Ademais o día do citado acto fixemos un kamishibai, sobre a súa vida que chamamos ANTONIO O DA ALDEA, e que foi representado teatralmente por alumnado de 5 anos e de 1º de primaria. Cómpre sinalar que neste día tivemos con nos a Victor Freixanes, presidente da Academia, a Fina Casalderrey académica e escritora e a tres sobriños do autor homenaxeado, ademais de numerosos medios de comunicación, por unha cuestión de aforo non puidemos convidar a todo o alumnado de Tenorio nin ás familias pero decidimos emitir por Youtube e así que puideran vivencialo en directo con nosco.
A xornada comezou cun vídeo realizado coa técnica de stop motion para dar paso á representación que vos deixamos aquí:

QR Code Aquí vos deixo por unha banda un vídeo resumo e por outra  numerosas fotografías da xornada.

QR Code














Aquí vos deixamos o vídeo que preparamos para homenaxear a D. Antonio Fraguas Fraguas no día das Letras Galegas.

PARABÉNS E MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR!!