Programa Aprendendo a Nadar!

 BO DÍA RAPAZADA!

Este ano tivemos a oportunidade de gozar dunhas clases de iniciación á piscina grazas ao programa Aprendendo a Nadar.

Dende a área de educación física impulsouse este ano un novo programa dirixido ao alumnado de educación primaria: aprendendo a nadar. Este programa, cuxo principal obxectivo é iniciar á rapazada na natación, consta de catro clases no Complexo Deportivo Rías do Sur a cargo de monitores especializados. Ademais, trátase dunha actividade pioneira totalmente financiada polo Concello é que inclúe tamén á rapazada do CEIP San Xoán Bautista de Cerdedo.

Nestas clases o alumnado aprende as técnicas básicas para poder nadar de maneira adecuada como a respiración, o desprazamento ou a inmersión entre moitas outras pero tamén teñen un ratiño de xogo e diversión!

Que ganas temos xa de bo tempo e poder aplicar todo o aprendido nalgunha das praias fluviais que temos no noso concello!

Apertas

Castañón





Ningún comentario:

Publicar un comentario