Outro ano máis, 20 de novembro, celebramos o DÍA DA PALABRA. Nesta ocasión, moitas quebraduras de cabeza e diversión lles demos o meu amigo "O ladron de palabras" e máis eu, Castañón, á nosa rapazada!
Neste mes contra a violencia de xénero, cada clase está a traballar con dous contos relacionados co tema e, pareceunos imprescindible traballar a educación emocional: identificación de emocións e dos sentimentos das personaxes en distintas escena,s e desenvolvemento da empatía. Así, a palabra de cada neno e nena foi a do sentimento que escolleron.
Resulta que o xoves enterámonos de que alguén andaba a roubar as súas palabras xa preparadas e, a pesar de que as esconderon e protexeron moi ben, o LADRÓN DE PALABRAS saíu do seu conto e colleunas todas! Tras a sorpresa que levaron o venres ao chegar ao cole, e tras moito tempo buscando onde poderían estar... mirade o que aconteceu!
Agardamos que vos gustara moito a trasnada que vos preparamos e que o pasarades xenial.
E... ata a próxima ocasión, estará a pensar en vós Castañón!
Este curso, a asesoría de bibliotecas fai xirar as bibliotecas escolares sobre o lema "Xeografías lectoras". Co proxecto "O ano dos contos" estamos intentando volver á esencia da lectura para que o alumnado acceda a ela simplemente por pracer, como fonte de gozo. Así, primeira actividade que propuxeron os profes, relacionándoa co Día da Palabra, foi describir cunha verba o que é ler para nós, para toda a comunidade educativa.
Pais, nais, nenos e nenas, irmás/s, curmáns/ás... BENVID@S A UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE CABAZAS E DE DISFRACES!!!!!
A temática deste ano para o concurso de cabazas era a do noso PDI: "O ano dos contos". PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES! Fixestes un traballo extraordinario e, se non me credes, comprobádeo por vós mesmos!
Este ano resultoume especialmente difícil ter que seleccionar só a uns poucos, a calidade de todos os traballos foi excepcional. Finalmente, os gañadores desta edición foron:
A máis elaborada:
1º premio: Paula Moledo (Hansel e Gretel) 2º premio: Martín Cobas (Os tres porquiños)
A máis graciosa:
1º premio: Pablo Bouzas(Pinocho) 2º premio: Brais Losada (O gato de Alicia)
A máis vistosa:
1º premio: Noa Puente(Carapuchiña Vermella) 2º premio: Laia y Aldara Malvar (Hansel e Gretel)
A máis orixinal:
1º premio: Paula Salatti(Cincenta) 2º premio: Javi e Hugo Diz (Cincenta)
A máis científica:
1º premio: Paula Cuíñas (O Grinch ten o coronavirus)
En canto aos gañadores/as do CONCURSO DE DISFRACES de Samaín foron:
O máis elaborado
1º premio: Kidist (6º)
O máis vistoso 1º premio: Branca (3º) 2º premio: Mariña (5 anos)
O máis orixinal 1º premio: Matías (1º) 2º premio: Carla B. (5º)
O máis terrorífico 1º premio: Noemí (6º) 2º premio: Hugo R. (3º)
O máis tenebroso 1º premio: Uxía (2º) 2º premio: Chloe (5º)
A mellor maquillaxe 1º premio: Paula (6º) 2º premio: Paula (4º)
O máis cuqui 1º premio: Antón (3 anos) 2º premio: Lara (5 anos)
O máis mortífero 1º premio: Candela (3 anos) 2º premio: Vicky (4º)
Aquí vos deixo de novo as fotos para que lembredes como fostes tod@s disfrazados (tamén a de Javi e Hugo, que non puideron estar no cole pero acompañáronnos dende as súas casas!)
Noraboa a todos polo voso traballo! Os gañadores e gañadoras podedes pasarvos o luns no recreo pola biblioteca para recibir a vosa recompensa.
E a min, Castañón, non me queda máis que dicir que, GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!!
Aquí estou de novo. O venres 13 de novembro foi o Día das Librarías e nós, celebrando o "Ano dos contos" non podiamos deixar de facer algunha actividade para conmemoralo.
Os máis pequeniños crearon a súa propia libraría na aula. Todos querían ser libreiros e agora son uns expertos/as! Mirade que ben lles quedou:
O alumnado de primaria traballou sobre os dereitos do consumidor e debatiu sobre se era mellor comprar na rede ou nas librerías da localidade. Deste xeito afondaron un pouco na importancia de apostar polo comercio local (especialmente nestes tempos tan difíciles para todos) e para iso decidiciron crear os seus anuncios publicitarios con eslogans. Este foi o resultado
Xa nos estamos poñendo ao día coa Castaradio. Aínda que cun pouco de atraso, aquí vai o primeiro podcast de novas que gravamos neste curso 2020/2021. Podedes atopar todos os programas que vaiamos emitindo (e os dous outros anos) na lapela "Programas de radio" da barra superior.
Hoxe non podo máis que darvos a noraboa. Pasei unha fin de semana moi entretida enganchadísimo ás historias de medo que creastes para Samaín. Parécevos se as compartimos cos demais para que poidan divertirse con elas?
Por fin puidemos estrear a Castaradio este curso! Aquí vos deixo o podcast coas historias que creastes todos os grupos.
Peero... non só traballastes en galego! Tamén vos ensino estes vídeos das historias en inglés que inventastes coa teacher. Que ben o tivestes que pasar gravándoos!
Alumnado de 1º e 2º
Alumnado de 3º e 4º
Alumnado de 5º
Alumnado de 6º
Agardo que vos gustasen tanto coma min! Ata a próxima!
Chegou o día que tanto andabamos esperando: chegou Samaín. Que terrorificamente ben o pasamos durante toda a mañá! Como cada ano, aproveitamos para celebrar tamén o magosto e, aínda que non puidemos xuntarnos todos os grupos, realizamos unha chea de actividades ao longo do día:
- Fixemos o clásico concurso de disfraces. Que susto levei cando vos vin! Case non me atrevo a saír da biblioteca.
- Tamén convocamos o concurso de cabazas pero este ano, por seguridade, optamos por non facer a exposición no cole. A temática do concurso neste caso, era a do noso PDI: "O ano dos contos. Como sempre, teño que dar as grazas a todas as familias pola participación; ensinareivos proximante as fotos para que quededes abraiados coa calidade de todos os traballos.
Tanto deste concurso coma do de disfrazes, comunicaremos os gañadores o día 20 de novembro coa celebración do Día da Palabra.
- Realizamos uns obradoiros de susto: contacontos de medo, xogos de mesa de halloween, castacaza do tesouro, vídeos e bailes de medo, manualidades...
- Dende a nosa bibliocreativa tamén empregamos os escornabots, os códigos QR e fixemos unha receita que estaba boísima!
- Comemos castañas arrea: veu un castañeiro e preparounos unhas castañas riquísimas.
Aquí vos deixo unha pequena mostra do ben que o pasamos.