CANTO CONTO!


Non sabedes a ilusión que me fai dicirvos que inauguramos nova sección! Con este "Ano dos Contos" e debido a que esta situación nos limita a realización dos apadriñamentos lectores, comezamos "Canto Conto!"

O alumnado dos distintos cursos gravará a lectura (interpretada ou non) dos seus contos favoritos para os seus compañeiros e compañeiras dos outros cursos.

Estreámonos coa temática do Samaín e con estas dúas lecturas que fixeron o alumnado de 4º de Infantil e o de 5º de Educación Primaria. Estes nenos van para actores!





Pasade unha boa ponte. O martes volveremos coas pilas recargadas. 

Saúdos de Castañón!


P.D.: familias, estade ben atentas e ide preparando as vosas dotes interpretativas, pronto vos pediremos a vosa participación. 

CASTARIMAS DE SAMAÍN



Boas!

"O ano dos contos" da inicio traballando os distintos xéneros literarios e, en concreto, a poesía a través dos contos con rimas. O alumnado de cada curso creou as súas Castarimas de Samaín, inclusive os máis pequerrechiños, que fixeron a súa aportación xestualizando a súa rima e con estes carteis tan bonitos.

Gústavos como quedou a nosa exposición? Mirade, mirade: que medo!















Pronto vos seguirei amosando máis actividades. Lémonos!


COMEZAMOS CO SAMAÍN

 


A pesar das dificultades do presente curso, como sei que aos meus supercastañeiriños e supercastañeiriñas lles encanta o Samaín, non podiamos deixar de celebralo (aínda que dun xeito diferente). 

Esta semana estivemos preparando o cole a fondo e levamos a cabo diferentes actividades que vos compartiremos proximamente. De momento quero ensinarvos como deixamos todo. 












Agardo que vos guste.


CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS






O 24 de outubro celebramos cada ano o DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS e, máis importante, o meu aniversario! Como xa é tradición no noso centro, este curso convocamos o "VII Concurso de ambientación de portas" coa temática do P.D.I "O ano dos contos".

Mirade canto traballastes ao longo deste mes, que orixinalidade! 
Estabades desexoxos por coñecer as propostas deste ano e aos clasificados? Pois xa non vos fago esperar máis. Seguro que vos gustan tanto como a min.

1º Premio: 4º de Infantil "Elmer"

2º Premio: 5º de Primaria "A volta aos contos en 180 días"



3º Premio: Aula de inglés "Harry Potter"


5º e 6º de Infantil: Érase unha vez...


1º e 2º de Primaria: Peter Pan


3º e 4º de Primaria: Hansel e Gretel


6º Primaria: Unha estantería de conto




1º Clasificado: 4º de E.I. coa temática "Elmer"
2º Clasificado: 5º de E.P. con "A volta aos contos en 180 días"
3º Clasificado: aula de Inglés con "Harry Potter"

   Noraboa a todos os participantes!
Cada vez o facedes mellor.


















RECOMENDACIÓNS LECTORAS DE SAMAÍN

CORREDE Á BIBLIO A COLLER A VOSA!











P.D.I. O ANO DOS CONTOS


Benvidos castañeiriños e castañeiriñas!

Outro ano máis (aínda que cun pouco de retraso) xa estamos de volta! Canto me botavades de menos?
Coa chegada deste curso estreamos P.D.I. Este ano traballaremos sobre...
    OS CONTOS!



Collede papel e lapis e anotade todos os ingredientes que imos precisar neste ano máxico:
fantasía, imaxinación, creatividade, invención, inxenio e sobre todo, moita moita ilusión. 

Facédevos con todos os que poidades, pechade os ollos moi forte e preparádevos para viaxar a centos de lugares porque...

castañín, castañón 
    este conto xa comezou!