Obradoiro de radio con Luís Pardo

Ola rapazada:
Hoxe tivemos a sorte de contar con  nós na nosa escola con Luís Pardo, un xornalista da cadena Ser que veu facer un obradoiro de formación  para o alumnado de 4°,5°e 6°.
Primeiro estivemos na aula e posteriormente baixamos á Cast@radio para escoitar o último podcast que subimos e deunos uns conselliños que ímos por en práctica a partir do seguinte programa para poder mellorar a calidade do mesmo.
Moitas grazas Luís por acudir ao noso centro e pola túa dispoñibilidade, cercanía e amabilidade co noso alumnado.
Aquí vos deixo unhas fotiños do obradoiro e lembrarvos que no seguinte programa incluiremos a entrevista feita pola nosa rapazada.










E xa sabedes para calquera cousa...Castañón sempre á vosa disposición!!!

25 Novembro

Boas rapazada:
Como xa sabedes onte foi o Día 25 de novembro, que é o Día Internacional Contra a Violencia de Xénero, e na nosa escola celebrámolo con dúas actividades.
Por una banda visualizamos un video do CEIP de Fonte Escura de Vigo onde realizaron a súa interpretación da canción  da "Porta Violeta" de Rozalén, e posteriormente visualizamos a curta realizada polo alumnado do centro  fai un par de cursos ao abeiro do P.D.I. do Cine, baseado no conto de Artur e Clementina de Adela Turín. 
E posteriormente despois de que o alumnado reflexionase na aulas sobre o visto  na biblio elaboramos a nosa Porta Violeta no centro en contra da Violencia de Xénero.
Aquí vos deixo o resultado!!






-





AGARDO QUE VOS GUSTE TANTO COMA A MIN, E QUE TODOS OS DÍAS SEXAN 25 DE NOVEMBRO.
SAÚDOS, CASTAÑÓN 

RETO DO MES DE NOVEMBRO

Boas rapazada:
Aquí estou para presentarvos o reto do mes, nesta ocasión  empregaremos a mesa de luz e iremos deixando as fotografías que  se van facendo nos distintos cursos.


O RETO DO ALUMNADO DE 5 ANOS








O RETO DO ALUMNADO DE 1° E 2°












O RETO DO ALUMNADO DE 3°








O RETO DO ALUMNADO DE 4°





























O RETO DO ALUMNADO DE 5º E 6º




















SAÚDOS CASTAÑÓN!!!