Cast@radio. Programa 2: Especial Samaín


Bos días compañeiros do colexio de Carballedo.
Hoxe os presentadores Niko, Saúl, Otto e Adriana de 2º de educación primaria traémosvos un programa especial de samaín para pasalo terrorificamente ben.
Contamos coa sección de medo dos alumnos de infantil, as adiviñas de 1º e 2º, o mundo mariño monstruoso de 3º e 4º, unha radionovela de medo dos alumnos de 5º e finalizamos cos chistes dos nosos compañeiros maiores, os de 6º.

Concurso de portas no Día das Bibliotecas Escolares

 Boas rapazada!

Un ano máis chega o 24 de outubro e con el... o Día das Bibliotecas Escolares! Que ganas de inaugurar o PDI descubrindo as portas sobre as que levades traballando xa máis dun mes. Imos ver que ideas tivestes para decorar as vosas portas acorde ao ODS que vos tocou traballar.

Cast@radio. Programa 1: Benvidos ao curso 2022/2023

Boas Rapazada:

Hoxe presentamos o primeiro programa do curso 2022/2023. Nesta ocasión contamos cuns presentadores marabillosos de 2º de EP, e unha despedida por parte dos alumnos de infantil, ademais de incluír a sección do alumnado de 5º que nos presenta o proxecto do curso, unhas adiviñas da man dos alumnos de 1º e 2º, e unha sección da vida submarina que nos presentan os alumnos de 3º e 4º. Esperamos que vos guste tanto escoitalo como a nós elaboralo. Unha aperta, Castañón

Presentación do PDI "Carballedo 20-30". Curso 2022/2023

Benquerida comunidade educativa,

retomo a actividade no blogue despois deste período de descanso para darvos a benvida ao novo curso escolar 2022/2023. Tamén quería presentarvos o novo Proxecto Documental Integrado (PDI) que damos inicio neste mes de outubro e que orientará o desenvolvemento de gran parte das actividades do centro en xeral e das titorías en particular. 



Despois de valorar as propospas realizadas na avaliación do curso pasado por parte das familias, alumnado e profesorado, así como as necesidades do colexio, decidimos traballar o centro de interese principial, a natureza e a contorna, pero dende a primordial visión da responsabilidade e a sustentabilidade. 

Dende esta perspectiva traballaremos sobre a Axenda 20-30 e os seus Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS), e cada aula especializarase nun deles:

- Infantil: Vida na terra
- 1º e 2º: Consumo responsable
- 3º e 4º: Vida submarina
- 5º: Acción polo clima
- 6º: Saúde e benestar

Pero... que é a Axenda 2030?


Tedes aquí colgado o documento explicativo do proxecto polo miúdo.

 


Ata pronto e... mans ao planeta!