OLA COMPAÑEIROS/AS!
O noso alumnado de 5º e 6º estivo de sorte pois puideron gozar dunha gran xornada na que coñeceron e practicaron un novo deporte: o golf.
A rapazada de 5º e 6º tivo a oportunidade de acudir o pasado luns ao Real Aero Club de Vigo, onde non só visitaron as instalacións, senón que tamén se iniciaron no golf coñecendo as medidas de seguridade, unhas pequenas nocións de como se xoga e o mellor de todo, poder lévalo á práctica.
A rapazada veu encantada, iso sí, pensaban que era un deporte moito máis doado!
Saúdos
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario