Xornada peche fin de curso: Carballedo, que animalada!

BO DÍA RAPAZADA!
Agora sí que sí rematou o curso 23-24 e. por iso, o último día levamos a cabo unha xincana polo centro educativo coas nosas familias.
Para dar por finalizado este marabilloso curso non podíamos deixar de convidar ás nosas familias a que participasen xunto co alumnado nunha xincana por todo o centro mediante a cal tiveron que superar unha serie de retos relacionados co noso PDI deste ano: Carballedo, que animalada! Unha vez superado, os mestres e mestras encargados de cada obradoiro selarían o pasaporte, puidendo así acceder á seguinte proba.
Por aquí vos deixamos as diferentes zonas e obradoiros cun pequeno resumo fotográfico para que vexades o ben que o pasamos!
Obradoiro de cociña: facemos galletas de animais!
Obradoiro de cerámica: decorando pezas!
Obradoiro de radio: adiviña a resposta!
Zona de exposicións: ensinamos parte do traballado!
Obradoiro de robótica! fedellando....
Obradoiro natureza e tecidos: estampamos, experimentamos...

Despois dos obradoiros gozamos dun baile traballado polos nosos alumnos e alumnas e dunha pequena merenda todos xuntos!
Moitas grazas a tódalas familias por asistir, é un pracer para nós compartir estos momentiños con todos/as vós e ensinarvos algunhas das moitas cousas que facemos ao longo de todo o curso.

Apertas

Castañón











Ningún comentario:

Publicar un comentario