OLA RAPAZADA:
Nesta ocasión traiovos varios experimentos cos que comenzamos o novo ano:
- "ARCOIRIS" no que aproveitamos a propiedade da capilaridade que ten o papel de cociña gracias a cal a auga pode ascender en contra da gravidade. Para facelo utilizamos frascos transparentes, auga, papel de cociña e rotuladores.
- "NEVE CON BICARBONATO". A rapazada de Infantil, nos seus "Venres de experimentación", misturaron auga e bicarbonato e conseguiron facer unha sustancia similar á neve coa que o pasaron en grande.
- Ademais tamén fixeron "PLASTILINA DE LIMÓN" misturando varios ingredientes: auga, zume e ralladura de limón, bicarbonato, fariña, sal e aceite.
A esta rapazada de Infantil... Como lle gusta enzoufarse!.
Ata o próximo club de ciencia. Experimentade moito!
CASTAÑÓN
OLA RAPAZADA:
Xa estou aquí de novo para contarvos o que aconteceu na última sesión de club de ciencia, onde se experimentou coa propiedade higroscópica da madeira para formar unha "Estrela de Nadal".
A rapazada doblou 5 escarvadentes pola metade, para cada árbore de Nadal.
Despois xuntáronos.
A continuación botaron unhas pingas de auga no centro dos escarvadentes de madeira e xurdiu "a maxia": formáronse unhas fermosas estrelas de Nadal.
Encantoume o resultado final deste experimento, aínda que algunhas das hipóteses que se fixeron previamente foron moi orixinais: "Ao botar as pingas de auga as estrelas brillarían, explotarían ou sairían voando". Qué imaxinación ten a miña rapazada!!!!
Ata a proxima!!!
Castañón.
OLA RAPAZADA:
Outro curso máis seguimos a experimentar no noso Club de Ciencia.
Ata agora, neste primeiro trimestre, realizáronse dous experimentos: "Inflar globo sen soprar" e "Fluido non newtoniano".
No primeiro fixemos catro equipos e utilizamos: bicarbonato, vinagre, unha botella e un globo. Mirade o que pasou!:
En tres dos equipos o globo inflouse pero nun estoupou, MENUDO SUSTO!!!
Para facer o fluido non newtoniano utilizouse Maizena e auga. MENUDO PRINGUE!!!!
ESTE FLUIDO É MOI RARO!!: se lle das golpes rebota como se fora de goma pero se metes a man a modiño príngaste todo.
Espérovos no próximo club de ciencias para ver como experimentades.
Castañón.
Como xa sabedes este curso solicitamos na escola poder formar parte da iniciativa da Consellería Club de Ciencia, e dende aquí queremos confirmar que nos aceptaron no proxecto e que formamos parte do mesmo. Nesta lapela imos ir deixando a información relativa ao Club, as fotos das xuntanzas, os materiais que fagamos etc, etc
Neste segundo trimestre puxémonos máns á obra e comezamos a experimentar.
Para ir abrindo boca neste segundo mes de experimentos imos deixarvos aquí unhas fotiños dos experimentos realizados o pasado venres no Club de ciencia :
Aquí vos deixamos un vídeo e unhas fotiños dos experimentos realizados:
Neste segundo trimestre puxémonos máns á obra e comezamos a experimentar.
Para ir abrindo boca neste segundo mes de experimentos imos deixarvos aquí unhas fotiños dos experimentos realizados o pasado venres no Club de ciencia :
Aquí vos deixamos un vídeo e unhas fotiños dos experimentos realizados:
Achegámos unhas fotos das actividades realizadas ao longo do primeiro trimestre onde traballamos o concepto de ciencia e as principais ramas da mesma.
O pasado luns 11 de novembro tivo lugar a primeira xuntanza do club. Nesta fixemos entrega do carné de pertenza ao mesmo e elaboramos un mural para coñecer as ideas previas sobre QUE É A CIENCIA?
Aquí vos deixo unhas fotiños do proceso de elaboración do mural:
Ningún comentario:
Publicar un comentario