As Cores de Carballedo 3.0

 Boas rapazada,

Aquí estou para contarvos que o alumnado de 5º e 6º leva dende mediados de outubro traballando na creación da súa cooperativa a través do proxecto Depoemprende na que recaudarán cartos a través da venda de productos creados por eles e elas mesmas.

Día contra a violencia de xénero.

 Ola rapazada!

Hoxe, 25 de novembro, celébrase o día contra a violencia de xénero e, por mor disto, o noso alumnado estivo toda a semana inmerso en coñecer que ben sendo isto, que non o é, os tipos de violencia que hai así como datos moi específicos da realidade na que viven moitas mulleres.

Actividades de dinamización da biblioteca: outubro!

 Retomamos o curso 2022-2023 dende biblio creativa organizando unha chea de obradoiros para a dinamización das tardes en bibliocarballedo.


Material documental "Carballedo 20-30"

 Este curso no cole metímonos de cheo no traballo por proxectos propiamente dito, pois consideramos que o traballo coas fontes documentais e o desenvolvemento das habilidades informativas era un aspecto primordial que requería unha planificación e unhas actividades sistematizadas.

Gravación con Radio Emociónate

 Boas!!

Esta semana, gracias á colaboración coa asociación Ondiñas, recibimos a visita do equipo de Si Radio. 

Premiados no VIII Concurso de Traballo por Proxectos por "O ano de Galicia"

 Estimada comunidade educativa:

hoxe estou aquí para celebrar que, despois do duro traballo realizado ao longo do curso pasado por todos e todas vós, a consellería de educación vén de resolver o VIII Concurso de Traballo por Proxectos.

Hora de Ler: contacontos "Vou comedte"

 Boas rapazada!

O pasado mércores os vosos compañeiros e compañeiras de 5º preparáronvos un contacontos súper chulo do libro "Voy a comedte". 

Día contra o cambio climático: Inauguración do PDI "Carballedo 20-30"

 O pasado 24 de outubro foi unha data moi especial: o Día Contra o Cambio Climático. A través dela puidemos dar inicio ao PDI investigando sobre as causas que contribúen a el e plasmando os resultados nunha posta en común e neste fermoso mural interactivo que creamos para a entrada do cole (gracias á colaboración do noso cociñeiro Cosme). 


Non vos perdades esta actividade!

Concurso de cabazas de Samaín e cabazas gañadoras. "Carballedo 20-30"

Chegou samaín 2022 e con el... as terroríficas cabazas (ODS neste caso) que elaborou o noso alumnado para o concurso de cabazas "Carballedo 20-30".