GALA DO CINEMA

Boas rapaciños,
Como xa sabedes este ano na nosa escola estamos a traballar o CINE, e polo tanto o entroido adicamolo a isto.
 Nesta ocasión celebramos unha GALA DO CINEMA onde cada clase presentou unha curtametraxe realizada co seu profesorado, así coma a elaboración dun concurso  para ás familias.
Nesta lapela vouvos ir subindo todo o relacionado coa gala,as invitacións para familias e autoridades,o programa,as curtas, as reportaxes fotográficas...


Deixovos aquí o vídeo da escolma do casting realizado na biblioteca do centro para escoller aos presentadores da gala.
De seguido aparecerán as curtametraxes presentadas, primeiro estarán as do profesorado e despois, por rigurosa orde de entrega as presentadas polas familias: 

INFANTIL, NOMINADA A 4 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR ACTRIZ,MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR COMEDIA. É GAÑADORA DE 2, PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR COMEDIA E A MELLOR DIRECCIÓN.

CURTAMETRAXE DE INFANTIL:


1º E 2º NOMINADA A 5 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR MÚSICA,MELLORES EFECTOS ESPECIAISE MELLOR GUION E MELLOR ACTOR. GAÑADORA DE 2, MELLOR GUION E MELLOR PELÍCULA.


 
3º E 4º, NOMINADA A 2 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR MÚSICA E MELLOR MONTAXE É GAÑADORA DE 1 PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR MÚSICA.




5º E 6º, NOMINADA A 9 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR PELÍCULA,MELLOR ACTRIZ,MELLOR DIRECCIÓN,MELLOR GUION,MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR IDEA ORIXINAL 
É GAÑADORA DE 2, PREMIOS CUQUEIRA Á AMBIENTACIÓN E AO MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO EMPATADO CON VAICHE BOA!.




ALUMNADO DE VALORES DE 1º,2º,3º E 4º, NOMINADA A 2 PREMIOS CUQUEIRA MELLOR DIRECCIÓN E MELLOR FOTOGRAFÍA.



AQUÍ COMEZAN AS CURTAMETRAXES PRESENTADAS POLAS FAMILIAS, POR RIGUROSA ORDE DE ENTREGA:

FAMILIA DE ALAIN BARREIRO DUARTE CON BOCA SECA, NOMINADA A 6 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR ACTOR,MELLOR MÚSICA,MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE,MELLORES EFECTOS ESPECIAIS E MELLOR IDEA ORIXINAL.
É GAÑADORA DE 3, PREMIOS CUQUEIRA Á MELLOR FOTOGRAFÍA,MELLOR MONTAXE E MELLORES EFECTOS ESPECIAIS.



FAMILIA DE LEÓN TORRE CON " E SE ME PASARA A MIN, QUE?" NOMINADA A 1 PREMIO CUQUEIRA Á MELLOR IDEA ORIXINAL E GAÑADORA DESTE MESMO PREMIO.



FAMILIA DE CARLA BALLESTEROS CON "O MUNDO DOS GUMIES"



FAMILIA DE CARLA BALLESTERO, MARA E LUANA SENRA E ELBA CORDERO CON "MEU VILLANO FAVORITO"


FAMILIAS DE CARLA BALLESTEROS, MARA E LUANA SENRA E ELBA CARRERA, NOMINADAS A 4 PREMIOS CUQUEIRA,MELLOR GUION, MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR COMEDIA. GAÑA O PREMIO CUQUEIRA, EMPATADO CON 5º E 6º, AO MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO.



FAMILIA FORTES FORTES,NOMINADA A 6 PREMIOS CUQUEIRA, MELLOR ACTRIZ, MELLOR ACTOR,MELLOR MÚSICA,MELLOR DESEÑO DE VESTIARIO,MELLOR AMBIENTACIÓN E MELLOR COMEDIA.
 É GAÑADORA DE 2, MELLOR ACTRIZ E MELLOR ACTOR.


PARA REMATAR COAS PROXECCIÓNS DEIXOVOS AQUÍ A DESPEDIDA DA GALA REALIZADA POLOS NOSOS ESCORNABOTS.
AQUÍ VOS DEIXO UNHA REPORTAXE FOTOGRÁFICA DO NOSO EVENTO.


ISTO É TODO, DE MOMENTO, 
SEGUNDO VAIAMOS TENDO MÁIS COUSIÑAS ENGADIREMOLAS A ESTE ENLACE.
AGARDO QUE VÓS GUSTE 
SAÚDOS 
CASTAÑÓN.

CASTING PRESENTADORES GALA DO CINEMA

Ola rapazada:
Como vai todo? hoxe escribovos para  convocarvos a un casting, para presentadores da gala que imos levar a cabo no Entroido na nosa escola.
Como xa sabedes, imos visualizar tanto as curtametraxes que estades preparando cos vosos mestres coma aquelas que estades preparado coas vosas familias.
Agardamos que a participación sexa numerosa... e que llo poñades moi dificil ao noso xurado para tomar a decisión. 


Sorte a todos e.... deica mañá.....

RECURSOS DE CINE

OLA RAPAZADA:
Hoxe andiven investigando pola rede e atopei unha páxina web moi interesante para o proxecto que estamos a levar a cabo na nosa escola,é unha páxina do ministerio de educación e ciencia que está adicada ao CINE. Aquí vos deixo,  a fotografía da páxina, para entrar na mesma debedes pinchar no enlace que aparece debaixo da mesma e así observala vós mesmos. 


DÍA DA PAZ 2017

Boas rapazada:
Como xa sabedes, este ano estamos traballando o cine, e para conmemorar o día da Paz, levamos a cabo unha xornada de cine pola Paz onde cada grupo de alumnos visualizou e traballou unha película e posteriormente realizamos entre todos un collage de cine, onde aparecen diferentes imaxes  ou ben de carátulas de películas ou imaxes das mesmas. Tal é como se pode ver nas seguintes fotografías:

Ademais disto tamén elaboramos, entre todos, un paseo da fama polo corredo da entrada, onde aparecen todo o alumnado e os mestres, cando eran pequenos. Foi unha actividade moi divertida e entretida para nenos e maiores. Aquí vos deixo unhas imaxes para que o comprobedes:




Para finalizar deixovos un vídeo resumo destas actividades.
Agardo que vós guste!
E xa sabedes...para calquera cousa, Castañón sempre á vosa disposición!!