Nesta data tan sinalada para a nosa lingua e a nosa cultura, non podiamos quedar sen facer algo especial no CEIP Plurilingüe de Carballedo para celebralo.
Todas as clases estivestes investigando un montón acerca da autora homenaxeada este ano (XELA ARIAS), e descubristes unha chea de cousas. Se queredes saber quen é Xela, a que agardades para ver este vídeo?
Ademais, ao longo de toda a semana estivestes facendo un montón de actividades chulísimas (investigación, robótica e códigos QR, obradoiro de plasti, creacións artísticas...). Aquí vos deixo unhas fotos para que poidades ver o que fixeron os vosos compañeiros e compañeiras.
Despídome con este relato sobre Xela escrito polo seu pai e compartido pola RAG e reproducindo estas palabras da autora:
"Escribo en galego porque estou aquí e, desde logo, Galicia pertence, aínda, aos derrotados".
Hoxe é un día de festa, pois é o DÍA DAS LETRAS GALEGAS! E iso, como non, merece facer un programa especial de radio para homenaxear á autora á cal este ano se lle dedica esta celebración tan importante (non só para a nosa lingua, se non para toda a nosa cultura). Ela é...
XELA ARIAS!
Se queredes saber un pouquiño máis desta autora, non vos perdades a seguinte entrada do blogue, na que a rapazada vos conta con todo detalle a súa vida.
O alumnado de 3º e 4º de Educación Primaria, xunto ás súas profes, maquinaron a brillante idea de xuntarnos na Cast@radio a min (Castañón), ao Quixote, á bruxa de Roald Dahl, ao señor Bianchi e ao Conde Drácula. Queredes saber para que? Non vos perdades este divertidísimo programa!!
O día 15 de marzo comemórase o Día da Familia. Os máis pequenos do cole quixeron facerlle unha homenaxe ás súas familias e por iso crearon esta preciosa actividade a partir do conto "Un puñado de botóns".
Como ben contan, cada familia é diferente, única e especial, pero todas elas son marabillosas e todos os que a conforman son igual de importantes.
BENVIDOS AO RETO DO NOSO ESPAZO CAST@MAKER DE ABRIL!
Este mes tocou darlle moito ao coco e cooperar cos compañeiros para superar o reto do mes pero... teño que dicir que a rapazada non o fixo nada mal! Aínda que... hai que seguir praticando.
Parece mentira que xa pasasen 8 meses dende que comezou o curso e que xa soamente nos quede un para aproveitar a tope as actividades da biblio!! Canto facía que non sacabamos o lego e que ben o pasamos nesta ocasión e... como se nota que xa chegou a primavera, que deixamos a un lado os mandalas en papel para darlle un toque creativo aos recursos naturais da contorna. Queredes ver como foron as actividades da nosa bibliocreativa do mes de abril?
Xa me esquecía... gustouvos o obradoiro de decoración de camisetas??
Gracias rapazada, por acompañarme sempre e pasalo tan ben na biblio!!