Ola rapazada!
Como vai todo? Como xa sabedes hoxe é o día 30 de xaneiro e é unha data moi especial posto que é o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR, e coma cada ano, celebrámolo na nosa escola.
Nesta ocasión levamos a cabo varias actividades, a primeira foi decorar uns pratos de cartón co símbolo da Paz, formando agrupamentos flexibles, nos cales mesturamos a todo o alumnado dende 3 anos ata 6º de primaria, a decoración tiña por unha banda unha parte plástica,e por outra unha parte máis literaria na que había que buscar verbas relacionadas coa Paz, e unha vez rematada esta actividade cantamos todos xuntos unha mestura de cancións que nos preparou a profe de música e que gravamos para o noso programa de hoxe da Cast@radio. Quedounos pendente por mor da climatoloxía pegar os pratos fóra, pero en canto rematemos esta parte da actividade subiremos as fotografías.