BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
Outro ano máis con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o noso cole viviu unha xornada moi especial na que a imaxinación e as artes escénicas foron as grandes protagonistas.
BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
Outro ano máis con motivo do Día das Bibliotecas Escolares, o noso cole viviu unha xornada moi especial na que a imaxinación e as artes escénicas foron as grandes protagonistas.
OLA FAMILIAS!
O noso cole encheuse de maxia, tradición e diversión coa celebración do noso samagostín. Foi unha xornada moi especial na que o alumnado, as familias e o profesorado compartimos momentos cheos de alegría e convivencia.
O alumnado do noso centro realizou unha saída educativa a Santiago de Compostela para coñecer de primeira man dúas das institucións máis importantes de Galicia: o Parlamento de Galicia e a Xunta de Galicia, grazas ao programa As nosas institucións.
O noso alumnado de 2º a 6º de educación primaria participou con moita ilusión e entusiasmo na xornada de campo a través, unha actividade deportiva que nos permitiu gozar do exercicio físico, da natureza e da convivencia con outros compañeiros e compañeiras.
Benquerida comunidade educativa:
Queremos darvos a benvida a este novo curso escolar 2026-2027.
Arricamos o novo proxecto, titulado Entre bambolinas! e que xirará sobre as artes escénicas (música, danza e teatro).
Estade moi atentos ás nosas redes sociais para poder seguir de préto todas as novidades.
Deixámosvos por aquí toda a información sobre o proxecto para que lle botedes unha ollada: Documentación Entre bambolinas!
O alumnado do noso centro participou un ano máis no programa DepoEmprende, unha iniciativa que fomenta o espírito emprendedor a través da aprendizaxe práctica, o traballo en equipo e o compromiso social.
Este ano coa Biblioteca Creativa tivemos a sorte de gozar dunha experiencia moi especial da man de Alouette Machine, un proxecto que recupera a maxia da impresión artesanal a través dunha imprenta móbil manual.
O resultado deste traballo colectivo foi a creación dun fermoso libro dedicado ás aves de Cerdedo-Cotobade, unha obra que nos permitiu achegarnos á riqueza natural da nosa contorna e valorar a biodiversidade do noso concello.
A actividade estivo chea de aprendizaxes, curiosidade e ilusión. Ademais de participar na elaboración do libro, o alumnado puido observar de preto o funcionamento da imprenta manual, manipular materiais e comprender a importancia do traballo artesanal na transmisión do coñecemento.
Como broche final, Alouette Machine agasallounos cunha marabillosa sorpresa: cada neno e cada nena recibiu un pequeno libro impreso, que tiveron que maquetar eles mesmos, réplica do exemplar que xa forma parte dos fondos da nosa biblioteca. Deste xeito, todos e todas puideron levar para a casa un recordo desta experiencia tan enriquecedora.
Queremos agradecer a Alouette Machine a súa visita, a súa profesionalidade e a paixón coa que compartiron o seu oficio co noso alumnado. Sen dúbida, foi unha actividade inesquecible que nos permitiu aprender, crear e descubrir o fascinante mundo dos libros desde dentro.