CONTACONTOS PATAKAFRITA

Ola rapazada:
Hoxe estou aquí para contarvos que onte tivemos na escola a Laura, unha contacontos,  que é a dona da libraría PATAKAFRITA de Pontevedra e acudiu para facernos dúas sesións. Por unha banda estivo co alumnado máis pequerrecho da escola, cos de infantil 1º e 2º,e, posteriormente estivo co alumnado restante dende 3º ata 6º de primaria. 

Aquí vos deixo as fotos da sesión para que vexades o que disfrutamos con ela .












Aquí vos deixo unha fotografía para que vexades cales foron os libros que poidemos desfrutar  durante a sesión. Ah! e case me esquecía de contarvos que Laura, para rematar nos cantou a canción da SAIA DA CAROLINA! Foi un momento moi divertido!!


Agardo que vos guste!
Saúdos Castañón!

ENTREVISTA EN RADIO NOVA

Ola rapazada;
Hoxe estou aquí para contarvos o que andan a artellar polo corredor  de arriba, posto que os rapaces de 5º e 6º van participar no concurso de espantallos do Concello de A Lama,e van presentar, como non podía ser de outra maneira uns ESPANTALLOS DE CINE!!
Elaboraron unha representación da gravación dunha curta, onde se poden atopar actores, actrices, dobres, cámaras, directoras de vestiario, perruqueiras e maquilladoras e así ata doce espantallos que poderedes ver na ruta do Barbeira a partires desta semana e ata o día 10 de xuño que serácando se coñecerá o veredito do xurado.
Con iste motivo achegouse á nosa escola a unidade móbil de Radio Nova para entrevistar aos nosos amigos de 5º e 6º. 
Deixovos o enlace para que poidades escoitar a súa primeira intervención polas ondas.

III SEMANA DO KAMISHIBAI

Boas rapazada:
Como xa sabedes, a semana pasada tivo lugar na nosa escola a III SEMANA DO KAMISHIBAI, e cada aula elaborou un conto sobre o cine para o teatriño xaponés. Aquí vos deixo os vídeos para que poidades desfrutar de todos e cada un deles. 
Agardo que vos gusten tanto coma a nós !

En primeiro lugar deixovos o dos pequechos da escola, o alumnado de infantil!  
Aquí o traballiño realizado polo alumnado de 1º e 2º.  
De seguido chega a quenda do alumnado de 3º
Alumnado de 4º  
Quenda do alumnado de 5º
E rematamos esta III Semana do Kamishibai coa quenda de 6º de primaria.