V CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS

BOAS RAPAZADA:

Como xa sabedes o pasado mércores, día 24 de Outubro foi o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, e coma cada ano, coincide co meu aniversario, e co concurso de ambientación de portas. 
  O primeiro que teño que dicirvos é  que estou moi moi agradecido de cumprir cinco anos ao voso carón.Fixestesme moi feliz co voso agasallo, cantandome os parabéns no comedor...e fíxome unha especial ilusión escoitar á rapazada de 3º e 4º cantarme no programa e para que vexades o fermoso que estaba e os vosos agasallos deixovos unhas fotiños!


E o segundo que teño que contarvos é a resolución do V CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS:

 1º  CLASIFICADO CON 60 PUNTOS A AULA DE 4 ANOS:




2º CLASIFICADO CON 40 PUNTOS A AULA DE 2º DE E.P.
 E NA TERCEIRA POSICIÓN POR VEZ PRIMEIRA NA HISTORIA DESTE CONCURSO TEMOS UN TRIPLE EMPATE CON 30 PUNTOS:
A AULA DE INFANTIL DE 3 E 5 ANOS, A AULA DE 5º DE E.P E A AULA DE 6º DE E.P.


EN CUARTA POSICIÓN E CON 25 PUNTOS ACADADOS TEMOS Á PORTA DE A.L.

EN QUINTO LUGAR E CON 20 PUNTOS ACADADOS TEMOS Á AULA DE MÚSICA

O RESTO DAS PORTAS PARTICIPANTES COMPARTEN O SEXTO POSTO XA QUE NON ACADARON NINGÚN PUNTO E SON AS QUE APARECEN DE SEGUIDO:
 AULA DE 1º DE E. P.:

AULA DE 3º DE E.P.
AULA DE 4º DE E.P.


PARABÉNS A TODOS E MOITAS GRAZAS A TODOS POLOS AGASALLOS DO MEU ANIVERSARIO!!
SAÚDOS ,CASTAÑÓN!!



BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

Boas rapazada!
Xa estou aquí de novo!! Como xa sabedes a nosa biblio abriu as súas portas de novo o pasado día 1 de outubro e como cada curso teño que informarvos de varias cousiñas.

A primeira o tema do noso P.D.I. deste ano que versará sobre a CIENCIA e como cada curso para dar comezo poñemos en marcha o CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, que xa vai pola súa 5ª edición.

A segunda cousiña é que o día 24 de outubro, é o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, e será o día que se dea a coñecer o gañador do concurso despois, de que sexades vós, o alumnado do centro os que escollades a porta que máis vos guste,e que, como xa sabedes, tamén é o meu aniversario,e que xa cumpro 5 aniños ao voso carón!!.

A terceira e que xa tedes nas vosas aulas o meu agasallo de comezo de curso, que neste caso é un LECTÓMETRO para conseguir que leades aínda máis libros da biblio, pero lembrade que hai que demostrar que se leron para poder pintalos no seu andel correspondente. Quen será o primeiro/a en rematar o seu andel?

E a derradeira nova que vos traio, polo de agora, é que xa está a miña rapazada a voltas pola Cast@radio, polo que a partir do día 9 de outubro teredes de novo os programas colgados no blogue coma o curso pasado.

E xa sabedes para calquera cousiña, Castañón sempre á vosa disposición!!!