DÍA DO LIBRO! I ENCONTRO "LETRAS NA PRAZA"

 BO DÍA RAPAZADA!
O pasado mércores conmemoramos o Día do Libro dunha maneira moi especial: acudimos á Lama para asistir ao I Encontro "Letras na Praza" xunto co alumnado do CEIP de Fornelos de Montes e o do CEIP A Lama.

De Carb@ruta ao Alto do Castro!

 OLA RAPAZADA!

A pasada semana fixemos unha das actividades que máis nos gustan do noso cole: unha nova carb@ruta pola contorna!

Visita ao CIFP Carlos Oroza

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!

Este luns o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de visitar o CIFP Carlos Oroza grazas ao programa Depoemprende.

Programa observa-acción: 1ª fase

Querida comunidade educativa:

Este ano participamos nun novo programa impulsado pola consellería chamado Oberva-Acción.

Dito programa ten entre os seus obxectivos favorecer a innovación educativa entre os docentes e os centros educativos de Galicia, así como con outros centros doutras comunidades. 

O programa consiste en que os docentes e membros dos equipos directivos observen de forma directa outras metodoloxías e enfoques didácticos nos procesos de ensino-aprendizaxe do alumnado, outras formas de relación e comunicación ou outras vías de xestión dos recursos propios e alleos aos centros fomentando o traballo en equipo, a observación activa da práctica docente, o intercambio de boas prácticas, a reflexión, a formación metodolóxica sobre aspectos innovadores...

No noso caso, fomos emparellados co CEP Xosé María Brea Segade, un centro pertencente a Taragoña, en Rianxo. 

Por aquí vos deixamos unhas fotos tanto do día que viñeron visitar o noso cole como da nosa visita.


Está sendo unha experiencia incríble, chea de novas experiencias e con moitas ideas de futuras colaboracións polo que... ESTADE ATENTOS/AS!








Día do Cómic e visita de Eva Mejuto

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O pasado 17 de marzo celebrouse o Día de Cómic e nós aproveitamos a visita dunha gran escritora como o é Eva Mejuto para traballar sobre a banda deseñada.