BO DÍA RAPAZADA!
Co remate do fin de curso chega tamén o momento de amosar e poñer á venta todos os produtos elaborados durante estos meses na nosa cooperativa.
Este ano a nosa cooperativa As Cores de Carballedo 4.0 estivo a pleno rendemento elaborando numerosos produtos: cadernos, xabóns, colares, chaveiros, plumas de macramé, pratos de cerámica, tarros, imáns...
Unha vez feitos chegou a hora de poñelos á venta. O primeiro mercado ao que acudimos foi ao Mercado da Chan, no noso concello e despois fomos a Pontevedra, na praza da Peregrina.
Tras realizar unha pequena asamblea, o alumnado decidiu que o 80 % do recaudado será doado á Asociación Familiares de Enfermos de Alzhéimer (AFAPO).
Vémonos o ano que ven con novos produtos!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario