BOAS COMPAÑEIROS/AS
Como cada 17 de maio, celebramos unha das datas máis importantes no noso calendario: o Dia das Letras Galegas, sendo este ano a homaxeada Begoña Caamaño.
BOAS COMPAÑEIROS/AS
Como cada 17 de maio, celebramos unha das datas máis importantes no noso calendario: o Dia das Letras Galegas, sendo este ano a homaxeada Begoña Caamaño.
BO DÍA RAPAZADA
O pasado venres tivemos a gran sorte de coñecer en profundidade como anitgamente se traballaba no noso concello.
Onte vivimos unha magnífica xornada de convivencia deportiva na que participaron varios centros educativos, compartindo experiencias, compañeirismo e moita ilusión a través do deporte e dos xogos tradicionais.
BOAS RAPAZADA!
O pasado xoves tivemos a sorte de celebrar o III Encontro de Letras na Praza, desta volta no CEIP Doutor Suárez.
OLA COMPAÑEIROS/AS!
Outro ano máis continuamos co programa Aprendendo a nadar, un programa cheo de beneficios para o noso alumnado.
Durante o mes de abril, na biblioteca celebramos a chegada da primavera cun reto moi especial: recoller flores e crear pequenas poesías inspiradas nesta estación chea de cor e vida.
O alumnado participou con moita creatividade, escribindo versos sobre as flores, a natureza e a primavera. Con todas as poesías elaboramos un vídeo colectivo que recolle este fermoso traballo.
BOAS RAPAZADA!
Como xa sabedes, no noso cole participamos con moitas no nos clubs de lectura e, ao igual que ocorreu no primeiro trimestre, este segundo foi todo un éxito.
Ao longo destes meses fixemos a lectura compartida dos libros seleccionados, unhas xuntanzas nas que non só lemos ou comentamos as historias, senón nas que tamén creamos, interpretamos, pensamos... e sobretodo, gozamos!
BOAS RAPAZADA!
Outro ano máis vivimos unha xornada moi significativa que, sen dúbida, quedará na nosa memoria. Todo o alumnado de Educación Primaria, agás 4º, desprazouse ata o Conservatorio Profesional de Música Manuel Quiroga para gozar dunha audición moi especial.
A biblioteca escolar é moito máis que un espazo de lectura: é un centro de recursos para a aprendizaxe, a investigación e o lecer polo que consideramos fundamental a formación de toda a comunidade educativa para que saiban como utilizar este espazo de maneira autónoma, responsable e eficaz.
OLA COMPAÑEIROS/AS
No noso centro educativo, a lectura constitúe un piar fundamental para o desenvolvemento persoal e académico do alumnado. Por iso, ao longo do curso levamos a cabo diversas iniciativas que buscan espertar o interese polos libros e converter a lectura nun hábito praceroso e compartido.
OLA RAPAZADA!
No marco do programa Lectura e Familias, o noso centro levou a cabo un fermoso e creativo obradoiro de bordado inspirado no conto Sete dentes de león. Esta actividade combinou a lectura, a expresión artística e a participación das familias, creando unha experiencia enriquecedora para todo o alumnado.
O alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria do CEIP Plurilingüe de Carballedo sorpréndenos cun proxecto radiofónico moi especial: o podcast “A Porta do Alén de Cotobade”, unha proposta creativa que nos mergulla nunha das lendas máis fascinantes do noso contorno.
Este podcast nace co obxectivo de achegar ao alumnado á tradición oral galega, tomando como punto de partida a coñecida lenda da Porta do Alén, situada no Monte Seixo, na parroquia de Caroi. A través desta historia, os nenos e nenas non só descubriron o valor do noso patrimonio cultural, senón que tamén reflexionaron sobre a importancia de conservar e transmitir estas narracións que forman parte da memoria colectiva de Galicia .
O proceso de creación foi totalmente colaborativo e interdisciplinar. O alumnado investigou, escribiu, adaptou o guión, interpretou personaxes e participou na gravación e edición do podcast. Cada quen asumiu un papel diferente: narradores, actores, técnicos de son ou responsables de montaxe, o que favoreceu o traballo en equipo e permitiu que todos e todas atopasen o seu lugar dentro do proxecto .
Cómpre destacar que a historia que deu vida ao podcast foi creada por unha alumna do centro, Laia Malvar, gañadora dun concurso de relatos de Samaín. A partir do seu texto, construíuse unha narrativa sonora chea de misterio e emoción, que conseguiu transportar ao oínte a ese espazo máxico entre o mundo dos vivos e o máis alá .
Ademais, este proxecto é un exemplo claro de escola inclusiva. Todo o alumnado participou activamente, tamén aquel con necesidades específicas, empregando diferentes ferramentas de comunicación para contribuír á historia. A radio escolar convértese así nun espazo onde todas as voces teñen cabida.
Outro dos aspectos máis salientables é o uso do galego como lingua vehicular do proxecto. Nun contexto real e motivador, o alumnado desenvolveu a súa competencia comunicativa, demostrando que o galego é unha lingua viva, útil e chea de posibilidades expresivas.
Este podcast foi presentado ao concurso de Radio SER Pontevedra, onde, aínda que non resultou gañador, deixou constancia do enorme traballo, implicación e creatividade do alumnado e do profesorado. Porque ás veces, o máis importante non é o premio, senón o camiño percorrido, o aprendido e o vivido.
Desde a biblioteca, animámosvos a escoitar “A Porta do Alén de Cotobade” e a deixarvos levar por esta historia que conecta pasado e presente a través da voz dos máis novos.
Continuamos outro curso máis coas rotacións interniveis enmarcadas no programa de polos creativos, a través das cales non só traballamos competencialmente senón que tamén fomentamos unha aprendizaxe inclusiva e colaborativa. Aquí vos deixamos todos os obraodoiros levados a cabo neste curso 2025/2026:
Outro ano máis dende a noso centro continuamos impulsando iniciativas que promovan a escritura entre o noso alumnado.
BOAS BOAS RAPAZADA!
O traballo sobre o noso PDI "Dende A Cuqueira para o mundo" non para, aquí vos deixamos as exposicións que amosan todo o investigado ao longo do 2º trimestre.
BOAS RAPAZADA
Antes de pechar o segundo trimestre tivemos a gran sorte de poder coñecer máis en profundidade o concello e o seu funcionamento.
OLA RAPAZADA!
No mes de marzo no noso centro traballamos a semana da prensa, unha iniciativa que tivo como obxectivo achegar o alumnado ao mundo da información e dos medios de comunicación.
No club de lectura de adultos unha das lecturas escollidas neste segundo trimestre foi Comando Sintrom, unha obra que despertou un gran interés entre as participantes pola súa orixinalidade e a temática na que profundiza.
Ademais, no encontro que levamos a cabo para intercambiar opinións sobre esta obra tivemos a gran sorte de contar coa sía autora, Beatriz García Turnes, e con Malores Villanueva que a acompañou na súa presentación.
Grazas a este encontro, as lectoras puideron acercarse aínda máis a historia, comprender mellor os personaxes e plantexar cuestións que enriqueceron o debate.
BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!
O outro día o alumnado de 5º e 6º de EP tivo a gran sorte de acudir á Deputación a presentar a nosa cooperativa "As cores de Carballedo 6.0".
Durante o mes de febreiro celebrouse o Día da Muller e da Nena na ciencia e no noso cole contamos cun obradoiro impartido pola asociación Mulleres en Igualdade de Cerdedo Cotobade.
OLA COMPAÑEIROS/AS!
No mes de febreiro, aínda que foi máis curtiño, tamén levamos a cabo diversas actividades na nosa biblioteca.
Contamos coa visita de Oli, o autor de "O elefante perdeu a memoria" e "Artur" , dous libros que formaban parte do itinerario lector do alumnado de infantil e 1⁰ e 2⁰ ciclo de educación primaria.
O 9 de marzo celebramos o Día Internacional da Muller lembrando as achegas, a forza e as historias das mulleres do noso concello.
Boas rapazada!
Neste mes de febreiro volvéstelo facer.
O reto do mes da biblioteca foi superado con moitísima creatividade. Menudos artistas temos no cole de Carballedo!
Que bonita deixástes a biblioteca cos debuxos das personaxes da momada de Aguasantas.
Mirade que marabilla!
Como xa sabedes, o 23 de febreiro é unha data moi especial para todos nós pois celebramos o nacemento dunha das escritoras máis importantes: Rosalía de Castro.
Neste novo episodio da nosa radio escolar achegámonos a unha das tradicións máis emblemáticas da nosa contorna: o Entroido de Aguasantas.
Seguimos superando retos.
O pasado mes de xaneiro demostráchedes saber moito sobre os lugares máis emblemáticos do noso concello.
Esta era a proposta:
Como todolos anos, Gusmalote apareceu de novo en escena e atrapou a Castañón. Tras uns días de misterio nos que non atópabamos á mascota, un día pola mañá vimos que fora atrapado nun Cañón de Pau!
Para poder liberalo debemos cumprir cos seguintes mandados:
Castañón