25-N: Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller

 BO DÍA COMPIS!

Este luns conmemoramos en colaboración co concello de Cerdedo-Cotobade o 25N dun xeito moi especial.


Como xa sabedes, este ano estamos a traballar os superheroes polo que, para conmemorar o 25N, decidimos crear uns escudos con palabras que reflexan todo o contrario á violencia e así protexer a tódalas mulleres. 

E que fixemos cos escudos? Pois, en colaboración co noso concello, fixemos unha pequena andaina ata o Antón Fraguas acompañados polo noso alcalde e concelleiros na cal levamos os nosos antifaces e escudos de superheroes coas palabras de cariño, respecto, coidar, amor ou protexer que, como vedes, son conceptos que fan referencia ao que temos que facer para erradicar a violencia.


Unha vez que chegamos alí fixemos entrega dos nosos escudos para crear un superescudo e, despois, escoitamos o manifesto lido pola nosa concelleira Maite Pichel e fíxeronnos entrega dun pequeno agasallo. 

É necesario seguir defendendo os dereitos das mulleres e fomentando na nosa rapazada valores tan importantes como os traballados ao longo desta actividade. 

APERTAS

CASTAÑÓN







Ningún comentario:

Publicar un comentario