BO DÍA COMPIS!
Tras o éxito que tivo a nosa I Feira do Libro este ano decidimos levar a cabo unha segunda edición.
Como nos gusta unha feira, e máis se é de contos!
Ao igual que o curso pasado, este ano polo Día do Libro volvemos facer a nosa feira do libro na cal a rapazada puido intercambiar a nosa moeda oficial, os castacoins, polos contos que eles quixeran. Como en tódalas feiras os contos tiñan diversos precios que ían dende os 8 castacoins ata os 10 e rematamos a feira cuns prezos incríbles: ata por 2 castacoins podían mercarse contos.
A rapazada conseguiu os castacoins tras alcanzar os diferentes retos: merendar froita, recoller lixo...Sen dúbida unha gran xornada.
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario