Boas rapazada!
Hoxe estou aquí cunha nova xenial! No 2º trimestre, a raíz do traballo sobre a música galega dende o PDI, o grupo de 6º curso participou na actividade "Regueifando" de Correlingua 2022, dentro do proxecto "Inmunízate co galego".
Boas rapazada!
Hoxe estou aquí cunha nova xenial! No 2º trimestre, a raíz do traballo sobre a música galega dende o PDI, o grupo de 6º curso participou na actividade "Regueifando" de Correlingua 2022, dentro do proxecto "Inmunízate co galego".
Dende o pasado curso 2020/2021, os grupos de 5º e 6º mergulláronse nun proxecto que replantexou o seu modo de traballar e de relacionarse. Estamos a falar do proxecto de cooperativismo co que crearon a Cooperativa "As cores de Carballedo", que tivo continuidade este curso como "As cores de Carballedo 2.0".
Para a celebración do Día do Libro abrimos as portas da nova aula multisensorial que creamos no cole.
Organizamos varias estacións arredor da lectura e dos libros, con propostas inclusivas, diversas e distintas ao que viñamos facendo con anterioridade.
Boas rapazada!!
Na visita a Cambados, algúns dos vosos compis de infantil, 5º e 6º sacaron o seu lado cast@reporteiro: prepararon unhas entrevistas chulísimas ás mariscadoras que tanto nos ensinaron sobre o seu oficio.
Dentro do proxecto documental integrado "O ano de Galicia", ao longo deste segundo trimestre o alumnado de todo o cole investigou, traballou e aprendeu un montón sobre o patrimonio etnográfico de Galicia: festas, música-baile e oficios tradicionáis. Por este motivo, como xa é costume, pechamos o trimestre cunha exposición oral coa que comparten de xeito moi diferente, os seus novos coñecementos con todos nós.
Fai máis de cinco décadas que chegamos a lúa, descubrimos antepasados de hai centros de anos e incluso un burato negro; sen embargo na sociedade aínda existe desigualdade.
Poñemos fin á celebración do Entroido, que como podedes comprobar foi por todo o grande, coas diversas actividades realizadas.