EXPOSICIÓNS MES DE MARZO

BOAS RAPAZADA: 
Como xa sabedes este ano, estamos a investigar sobre a ciencia e neste segundo trimestre que está a piques de rematar fixemos unhas investigacións sobre diferentes personaxes relevantes deste ámbito. De seguido deixovos os videos das exposicións realizadas o pasado venres día 29 de marzo na nosa biblio, pero non sen antes darvos os parabéns polo traballo realizado, estades feitos todos uns cast@investigadores fantásticos.
Aí van os vídeos, comezamos polo alumnado de 3 e 5 anos que nos presentaron a Valentina Tereskova, a primeira muller en viaxar ao espazo:

QR Code
Agora é a quenda do alumnado de 4 anos que nos trouxeron a Mary Anning, a nai da paleontoloxía:

QR Code
O alumnado de 1º e 2º de primaria presentounos a Benjamin Franklin, que foi o inventor do pararaios.
QR Code
Agora é a quenda do alumnado de 3º, que nos deron a coñecer a Begoña Vila, unha estudosa do espazo.
QR Code
O alumnado de 4º, continuou a investigar sobre o espazo e trouxo á biblio a Svetlsna Savistkaya:


QR Code
Na quenda do alumnado de 5º presentaron a Alexander Fleming, que foi o primeiro en descubrir os efectos antibióticos da penincilina.

QR Code
E para por fin ás exposicións o alumnado de 6º presentou a Hedy Lamarr que foi a inventora do Wifi:

QR Code
Agardo que aprendades tanto coma a min coas exposicións e xa sabedes para calquera cousiña...Castañón, sempre á vosa disposición !!!