25N. Carballedo contra a violencia de xénero

Ao longo da semana do 25 de novembro abordamos de maneira explícita e planificada o traballo contra a violencia de xénero, valor que necesariamente está presente no noso día a día. 

20 DE NOVEMBRO: DÍA DA INFANCIA E DÍA DA PALABRA

Algo tan básico como ter un nome é un dos dereitos que ás veces lle son negados á infancia, obrigándoa a enfrontarse á exclusión e á discriminación. 

O 20 de novembro celebramos no cole o Día dos Dereitos da Infancia e, partindo do fantástico álbum ilustrado "Todos temos dereitos", coñecemos cales son eses dereitos básicos e puidemos indagar sobre eles. Conxuntamente conmemoramos o Día da Palabra e, unindo estas dúas datas claves, saíu esta preciosa actividade. 

CROSS ESCOLAR

Neste mes de novembro seguimos coñecendo a nosa contorna, esta vez in situ. A rapazada de 2º a 6º viaxou ata Ponte Caldelas para realizar unha actividade proposta dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva: Cross Escolar. 

"O ANO DE GALICIA": RESOLUCIÓN DO CONCURSO DE CABAZAS E DE DISFRACES

Antes de pasar a resolver os dous concursos que se convocaron por Samaín, eu, Castañón, quero agradecervos ás todas as familias en primeira persoa a vosa implicación e participación en todas as actividades propostas pola biblio. Sei que requiren tempo e dedicación e aínda así sempre estades aí e facedes auténticas obras de arte; como estas cabazas decoradas baixo a temática "O ano de Galicia".

ÍMONOS DE CARB@RUTA!: COÑECENDO COTOBADE

Boas rapazada!

O pasado venres fixemos unha actividade súper chula fóra das aulas ligando o traballo da biblioteca escolar co proxecto de vida activa e deportiva de centro (PVAD). Máis aló de coñecer os monumentos e lugares máis importantes de Galicia decidimos que era imprescindible que primeiro coñeceran a súa casa, o seu entorno próximo, e a beleza que ten. Por iso, a raíz do PDI "O ano de Galicia", creamos as "Carb@rutas", que son roteiros pola contorna para coñecer o patrimonio local, xeográfico e etnográfico (tradicións, lendas, etc.), á vez que se fomenta o exercicio físico. A primeira delas dividímola en varios tramos para adaptarmos a todos/as vós: 

VOLVEMOS CON.... O RETO DO MES!. OUTUBRO

 Chegou outubro e iso significou... 

que volveu o reto do mes!!

Para todos aqueles que non o saibades, esta é unha actividade que se propón ás titorías dende o programa Biblioteca creativa para dar mobilidade aos recursos da biblioteca e da contorna desde unha perspectiva creativa, educativa e lúdica

CELEBRAMOS SAMAÍN E MAGOSTO!

 BENVIDOS E BENVIDAS UN ANO MÁIS A...

"SAMAGOSTÍN"!!!

Nesta ocasión volvemos agrupar o Magosto e Samaín para celebrar unha divertidísima e terrorífica xornada chea de actividades. 

         

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DO MES DE OUTUBRO

 Boísimas tardes rapazada!!

Este curso, como xa non aguantaba máis, abrimos a biblio o día 1 de outubro e xa non agardamos ao Día das Bibliotecas Escolares. E coa apertura da biblio xa sabedes o que ven... as actividades de dinamización!

CAST@RADIO. PROGRAMA 2 "ESPECIAL SAMAGOSTÍN"

Castañón davos á benvida a...

Especial Samagostín na cast@radio!!

Aquí estamos na nosa cita dos xoves cunha nova entrega da cast@radio. Hoxe tráiovos unha variada proposta para celebrar o Magosto e Samaín que seguro encantará a toda a familia. 

INAUGURAMOS O P.D.I. E RETOMAMOS AS SAÍDAS!

 Boas rapazada!! 

O pasado 24 de outubro foi o Día das Bibliotecas Escolares e, ademais de celebrar o concurso de ambientación de portas, o luns quixemos facer algo especial para dar inicio ao noso PDI "O ano de Galicia".