PÁXINAS
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- CLUB DE CIENCIA
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- AS CASTANOVAS
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
Programa Atrévete: saída ao CIFP Carlos Oroza
Proxecto ríos: flora e fauna do río Almofrei
Traballar por proxectos supón que todas as actividades e programas do centro se enfoquen cara unha mesma dirección. Por iso, todos os proxectos están interconectados, nesta ocasión, para traballar "O Ano de Galicia"
Gracias á participación no Proxecto Ríos de innovación educativa, a rapazada de 3º a 6º puido "especializarse" na flora e na fauna da súa propia contorna.
OBRADOIRO DE TIPOGRAFÍA. Biblioteca Creativa
Visita da autora: FINA CASALDERREY
Uns dos cambios de bibliocarballedo neste curso foi priorizar o fomento e o desenvolvemento da competencia lectora do alumnado.
Cast@radio. Programa 16: os c@stareporteiros entrevistan a Fina Casalderrey
CAST@RADIO. Programas especiais das Letras Galegas 2022
Este ano o autor homenaxeado polas Letras Galegas é Florencio Delgado Gurriarán, un poeta valdeorrés comprometido coa lingua galega, coa Terra e coa liberdade.
Obradoiro "Radio na biblio" con Pablo Portabales e Loreto Silvoso
Como cada ano, a participación no programa "Radio na biblio" da Asesoría de Bibliotecas Escolares permítenos seguir mellorando as nosas dotes comunicativas co desenvolvemento de obradoiros para a rapazada.
"Os maios" dende bibliocarballedo!
Coa chegada da primavera as árbores enchense de follas e a natureza agasállanos coas súas flores e os seus froitos. En Galicia, dende tempos remotos, coa chegada do mes de maio a xente adoitaba celebrar o que se coñece como "Os maios" para exaltar a variada flora coa que conta a nosa paisaxe.
Celebración do Día da Educación Física na rúa 2022
Boas rapazada!
Como xa sabedes no noso cole entendemos como un aspecto fundalmental a promoción de os hábitos de vida saudable: ademais de menús deliciosos que preparan Cosme e Belén, ou o programa froita na escola, sempre somos os primeiros en anotamos, participar ou desenvolver calquera actividade deportiva que xorde.
Por este motivo, un ano máis o CEIP Plurilingüe de Carballedo sumouse á celebración do Día da Educación Física na Rúa.
CAST@RADIO. Programa 13: Celebrando "Os maios" e o Día da E.F. na rúa
Nas últimas semanas a rapazada do cole realizou un montón de actividades. Foron á cast@radio a grabar o ben que o pasaron na praza da Chan celebrando o Día da E.F. na rúa e tamén nos contan en que consiste iso dos maios.
Piragüismo-dragóns
Comezamos novo trimestre, e iso significa que comezamos a abordar novos temas dende o PDI.
Unha das ramas de "O ano de Galicia" é traballar o relativo ao deporte galego: xogos tradicionais, deportes e deportistas galegos.
Como actividade motivadora iniciamos o traballo dos deportes galegos cunha actividade proposta dende o Proxecto de Vida Activa e Deportiva: Piragüismo-dragóns.