OBRADOIRO DE LETTERING

Boas rapazada:
Infórmovos de que para pasar mellor estes días de confinamento imos levar a cabo o vindeiro luns día 30 de marzo ás 18.00 horas un obradoiro de lettering en directo a través da nosa canle de Instagram.
Só tedes que conectarvos á nosa canle @Biblio_Carballedo e pinchar no directo e alí atoparedes á Profe Paloma que dirixirá a actividade. Animádevos, agardamos por vós.


RETOS PARA MOVER O ESQUELETO

BOAS RAPAZADA:
 Aquí vos deixo unha proposta totalmente VOLUNTARIA para estes días de alerta sanitaria, eu irei plantexándovos por aquí diferentes retos, e vos, coa axuda da vosa familia debedes intentar resolvelos. 
Moita sorte e animádevos a participar.
Saúdos, Castañón!


















PECHADO POR ALERTA SANITARIA




CONTOS PARA PASAR A CORENTENA

Boas rapazada:
Como xa sabemos que estes días son complicados e hai que buscar unha maneira de entreterse deixamosvos aquí unha representación teatral de TROPA DE TRAPO, que fai unhas semanas estiveron na nosa biblio.

Agardemos que esto pase axiña e que nos vexamos nun abrir e pechar de ollos.


Moito ánimo rapazada. E mentras tanto xa sabedes #Euficonacasa. 
Saúdos, Castañón!

EDUCANDO EN COIGUALDADE 8 M

Boas rapazada:
O pasado mércores día 11 de  marzo tivemos no cole unha ximcana para traballar en coigualdade. A actividade consistíu en que dúas rapazas do Concello viñeron á escola para facer unha ximcana co noso alumnado, que esta dividido en grupos heteroxéneos dende 3 anos ata 6º de primaria, aquí vos deixo as fotografías do evento para que gocedes da actividade tanto coma a nosa rapazada.


















Saúdos, Castañón!!!

Contos de nenas grandes e pequenas

Boas rapazada:
O pasado venres tivemos no cole a Marta e a Brais,eles xuntos son "A Tropa de trapo" e viñeron á biblio para contarnos "Contos de nenas grandes e pequenas",coa intención de traballar a igualdade cogallo do 8M. Aquí vos deixo as fotos do evento para que poidades disfrutar del tanto coma a min.










Moitas grazas á Tropa de Trapo por vir ao noso cole!!
Saúdos 
Castañón!!