PECHADO POR VACACIÓNS

BOAS RAPAZADA:
Despois de tanto traballo, co P.D.I., coa radio, coas bibliotecas creativas, co club de ciencia, coa biblioteca inclusiva, coa Primavera das letras etc etc, chegou o intre de dar por pechado este curso, así que este blogue queda OFICIALMENTE PECHADO POR VACACIÓNS!!... Agardo que fagades todos coma min e  gocedes todos do verán e espero por todos vós á volta !!
Saúdos, Castañón!!

DESPEDIDA AOS CAST@REPORTEIROS DE 6º

BOAS RAPAZADA:
Aquí vos deixo unha fotiño de despedida dos nosos Cast@reporteiros de 6º, que acaban a súa andaina con nosco na escola e marchan cara unha nova etapa. Nesta fotografía falta o noso compañeiro Alberto, que tamén exerceu de Cast@reporteiro ao longo dos dous cursos que levamos no programa Radio na Biblio. Escollín esta fotografía para despedirnos e agradecerlles a súa colaboración na emisora polo vencellamento directo que ten coa radio, posto que foi sacada no cumio de Bonaval, lugar onde se colocou a primeira antena e polo tanto onde naceu a radio en Galicia aló polo ano 1933.


GRAZAS RAPAZADA, POLO VOSO TRABALLO COMA CAST@REPORTEIROS E POLAS VOSAS APORTACIÓNS AOS PROGRAMAS DA CAST@RADIO!!
 XA SABEDES ONDE  ESTAREMOS AGARDANDO AS VOSAS VISITAS, E OS NOVOS CAST@REPORTEIROS ESTARÁN ESPERANDO PARA QUE NOS CONTEDES AS VOSAS ANDAINAS !!!!

SAÚDOS CASTAÑÓN!!

FIN DE CURSO EN CARBALLEDO

Boas rapazada:
Como xa sabedes cada curso intentamos relacionar a nosa saída de fin de curso coa temática traballada ao longo do curso e nesta ocasión como estivemos a traballar a ciencia fomos ata Santiago para visitar o museo de Historia Natural, e de seguido desplazámonos ata o Museo do Pobo Galego, que aínda que non está estreitamente vencellado coa ciencia si que o está con outro grande tema que traballamos como foi a celebración do ano adicado a D.Antonio Fraguas Fraguas, que foi veciño da noso Concello, e dirixímonos ata aí para ademais de visitar as instalacións do museo donar o noso Kamishibai por petición dos membros do mesmo, para que pase a formar parte da colección do Museo. Polo que o noso alumnado, estivo moi orgulloso de ceder o conto Antonio, o da aldea para que sexa parte da historia do Museo. 
Entre as visitas a ambos museos fomos xantar ao parque de Bonaval e tivemos a sorte de atopar o lugar onde naceu a radio en Galicia, polo que aproveitamos para fotografiarnos neste lugar que está estreitamente vencellado ao noso quefacer diario na escola coa Cast@radio.
Aquí vos deixo as fotografías deste día, e agardo que vos guste tanto coma a min ver como alumnado e profesorado gozan dunha xornada de convivencia para celebrar o remate do curso.



















E CHEGOU A HORA DE XANTAR EN BONAVAL!



  PLACA CONMEMORATIVA DO LUGAR DE NACEMENTO DA RADIO GALEGA EN GALICIA NO CUMIO DE BONAVAL  QUE FOI ONDE SE INSTALOU A PRIMEIRA ANTENA DA EMISORA DECANA DE GALICIA, A UNIÓN RADIO GALICIA E A J4 NO MES DE XANEIRO DO 1933.








VISITA AO MUSEO DO POBO GALEGO E DOAZÓN DO CONTO DO KAMISHIBAI ANTONIO O DA ALDEA, EN HOMENAXE A D. ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS , AUTOR HOMENAXEADO NAS LETRAS GALEGAS 2019 E VECIÑO DE COTOBADE:











AGARDO QUE GOZASEDES TANTO DA VOSA SAÍDA COMA MIN VENDO ESTAS FOTOGRAFÍAS. 
SAÚDOS, CASTAÑÓN!

CAST@FEIRA DA CUQUEIRA

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes dende o pasado curso mudamos o festival por unha xornada de portas abertas para dar a coñecer o noso P.D.I. do curso, e nesta ocasión como xa sabedes versou sobre a Ciencia e para isto fixemos no cole unha feira que lle chamamos a CAST@FEIRA DA CIENCIA NA CUQUEIRA. 
Nesta ocasión dividimos a escola en cinco zonas, A ZONA STEM que foi ubicada na biblioteca, a zona dos inventos que estivo ubicada no corredor entre as aulas de 1º e 2º, a EXPOSICIÓN DOS CIENTÍFICOS GALEGOS,que nos cedeu a Real Academia Galega de Ciencias, que estivo entre as aulas de 5º e 6º na cal ademais desta exposición atopamos unha escolma de libros da biblioteca de mulleres relacionadas coa ciencia en contraposición a esta exposición xa que eran agás unha todos eran homes,a ZONA DAS NOSAS EXPOSICIÓNS  que estivo ubicada no corredor de infantil e que nesta atopábanse os traballos realizados por todas e cada unha das aulas ao longo do curso, e por último tiñamos EXPERIMENTA COA CIENCIA que estivo ubicada no comedor da escola e que consistíu na realización de experimentos, por unha banda unha escolma dos realizados nas aulas, cunha representación de todos os niveis educativos e por outra banda contamos coa participación de seis familias, coma representación dos traballos realizados coas Cast@maletas da ciencia. 
Estiveron guiados polo alumnado de 5º e 6º de primaria tanto nas diferentes zonas coma guiando ao público polas diferentes salas. Para a nosa organización fixemos dous pases, por unha banda o primeiro como non podía ser doutra maneira foi para o noso alumnado do centro e o segundo para as familias, unha vez rematado este pase tivo lugar unha actuación musical organizada pola mestra de música,e  posteriormente pasamos ao salón de actos no cal visualizamos un vídeo resumo do P.D.I, e tivo lugar a entrega dos diplomas aos mellores lectores do curso e a  despedida do alumnado de 6º.
De seguido deixovos unha escolma das fotografías dese evento e o vídeo resumo do P.D.I. que se visualizou nesta xornada.












































 COMEZAMOS CO SEGUNDO PASE: CHEGAN AS FAMILIAS




















  AS FOTOGRAFÍAS DO COMEZO DA ACTUACIÓN MUSICAL.

DE SEGUIDO APARECEN OS VÍDEOS DA XORNADA, POR UNHA BANDA O VÍDEO DOS EXPERIMENTOS REALIZADOS EN EXPERIMENTA COA CIENCIA, E POR OUTRA A ACTUACIÓN MUSICAL E O VÍDEO RESUMO DO P.D.I. DESTE CURSO.