VOLTAMOS Á ESCOLA!

Boas rapaciños e rapaciñas, xa estou de volta! 
Que tal as vacacións? eu traio unha boa nova, despois de traballar arreo o curso pasado: CONSEGUÍMOLO! xa somos parte do PLAMBE!. Dende aquí quero agradecer toda a colaboración de pais, nais,mestres e sobre todo ao noso alumnado, que traballou arreo para facer transformar a biblioteca do centro, en BIBLIOCARBALLEDO, o meu fogar. 

E agora rapaciñas e rapaciños... preparádevos que o curso non fixo nada máis que comezar e xa sabedes...... PARA CALQUERA COUSA ... CASTAÑÓN SEMPRE A VOSA DISPOSICIÓN!