MAÑÁ É SAMAÍN!!

Ola son Castañón, a vosa mascota da biblioteca,quérovos agradecer a altísima participación no concurso de cabazas. Ademáis de ter moitas, tamén cómpre sinalar que son todas de unha calidade excepcional.
 
 Estou moi nervoso é o meu primeiro Hallowen con vós…será …          TERRORÍFICO!






  Saúdos, Castañón.

24 DE OUTUBRO DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Na nosa escola decidímos dar a coñecer á mascota da biblioteca o día 24 de outubro  para conmemorar así  o día internacional das bibliotecas escolares.

Despois de reunirnos o xurado estamos encantados de presentarvos a CASTAÑÓN, a mascota elaborada polo noso cociñeiro COSME VALLES  CASTRO.




O SEGUNDO CLASIFICADO É " LEDO, O POLBO DE CARBALLEDO", ELABORADO POR ANDREA ÁLVAREZ ALONSO ( MESTRA EN PRÁCTICAS)



A TERCEIRA CLASIFICADA  É "FEDORA, A RATA LECTORA", ELABORADA POLA ALUMNA MARIANA RODRIGUEZ PAZOS E O SEU PAI JOSE MANUEL RODRÍGUEZ IGLESIAS.



 PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES E MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN.
                             
A PARTIR DE AGORA SERÁ CASTAÑÓN O ENCARGADO DE AVISARVOS DE TODAS AS NOVAS DA BIBLIOTECA. DE MOMENTO ESTÁ MOI ATAREFADO ARRANXANDO A SÚA NOVA VIVENDA.

GRAZAS!!!!!!!!

REMATOU O CONCURSO PARA ESCOLLER A NOSA MASCOTA DA BIBLIOTECA. CHEGARON MOITAS  AO NOSO COLE, XA QUE HOUBO UNHA GRANDE PARTICIPACIÓN.
 NON ESPERABAMOS MENOS DE VÓS!


 AGORA ESTÁ A DELIBERAR O XURADO... QUEN GAÑARÁ?

CONCURSO DA MASCOTA DA BIBLIOTECA

Queres axudar a que a biblioteca atope unha mascota? Pois presta atención, e de seguido  as bases do concurso poderás ollar.



Cal será a mascota gañadora?
  Ata o día 24 temos que esperar!!

BENVIDOS AO BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA!!!!!!!!!!


Hoxe estamos de inauguración, estreamos o blogue da biblioteca do noso centro, o C.E.I.P. Plurilingüe de Carballedo.
Neste blogue ides atopar a información de todas e cada unha das novas da biblioteca, así coma as bases dos diferentes concursos que realizaremos e a información relativa a todas as nosas actividades.

BENVIDOS A TODOS E TODAS !!!