OLA RAPAZADA!
Que ganas tiña de comezar este novo curso e poder contarvos todas as novidades por aquí!
Como xa sabedes, o 24 de outubro festexamos o Día das Bibliotecas Escolares e nos sempre damos o pistolazo de saía ao noso Proxecto Documental Integrado, este ano chamado Carballedo, escola de superheroes, coa decoración das nosas portas.
Outro ano máis os nosos nenos e nenas investigaron e traballaron arrea nos superheroes para poder ter despois unha morea de ideas sobre como decorar a porta da súa aula.
Nas aulas de educación infantil temos claro que os seus superheroes preferidos son Superman e Batman... non hai máis que ver como puxeron as entradas as súas aulas.
No caso da rapazada de 1º e 2º a súa idea foi totalmente diferente e decidiron que todos eles serían os superamigos e que, como verdadeiros superheroes traballaran xuntos para salvar non soamente ás persoas senón tamén ao noso planeta de perigos como a contaminación, entre moitos outros!
En 3º e 4º o alumnado considerouse como os mellores superheroes e polo tanto, encargaránse de defender, xunto con Castañón, o noso cole de Gusmalote. Unha labor moi pero que moi importante!
E xa por último, a rapazada de 5º e 6º convertiu a Castañón nun gran superheroe que, xunto con outros, lograron salvar á comunidade do CEIP de Carballedo dun gran incendio.
Ah, e tamén temos a nosa porta de inglés decorada: unha cidade pola que sobrevoan numerosos superheroes que fan que nos sintamos ben seguros e seguras.
E os premiados foron....
NORABOA A TODOS E TODAS POLO GRAN TRABALLO FEITO
APERTAS
CASTAÑÓN
Q gran traballo!! Sodes todos uns superartistaas!!! Noraboa rapazada!!
ResponderEliminar