Obradoiros de fin de curso

Boas!

Déixovos unha selección de fotografías do desenvolvemento do último día de curso no que fixemos obradoiros variados dende biblioteca creativa. 

Recomendacións lectoras de bibliocarballedo para este verán

 Boas rapazada!!

Como xa sabedes, a biblio pecha ata outubro e non queriamos dar por finalizado o noso traballo sen deixarvos de aconsellar que este verán non perdades o hábito de ler, escribir e xogar un montón! Compartide todas estas actividades con amigos e familia e pasade unhas estupendas e merecidas vacacións!

Aquí vos deixamos as recomendacións de bibliocarballedo para este verán!






Castañón!

GAÑADORES no concurso "Atrévete a ter unha idea" de Eduemprende na escola!

 Boas rapazada!!

Como xa sabedes, fai un par de semanas o alumnado de 5º e 6º participou nunha xornada de emprendemento no CIPF Carlos Oroza. 

A raíz desta participación, algúns deles decidiron presentarse ao concurso "Atrévete a ter un idea!" na que, como empresarios, tiñan que presentar a súa idea de negocio. 

Hoxe comunícovos que... RESULTARON GAÑADORES NAS DÚAS MODALIDADES NAS QUE SE PRESENTARON!

a) Modalidade grupal: a clase de 5º combinou as súas ideas para crear unha auténtica "Galiexperiencia"!

b) Modalidade individual: no grupo de 6º Carla Fentanes presentou a idea da "Marmelada de rosas da Vía Mariana"

O Luns 21 os grupos de 5º e 6º foron a Santiago á recollida de premios.







Noraboa por este traballazo!!

Castañón!

Club de lectura "Cast@lectores" 3º trimestre e visita de ANTÍA YAÑEZ

Boas rapazada! 

Xa está a piques de rematar o curso e non queria deixar de compartir as actividades realizadas dende o programa Club de Lectura neste 3º trimestre. 

Concurso de deseño "Deseña unha xoia para a túa nai"

 Boas rapazada!

Como xa se vos comunicou fai algunhas semanas, o noso compi Javi de 4º de E.P. quedou finalista no concurso "Deseña unha xoia para a túa nai". Hoxe estou aquí para explicarvos un pouquiño máis en que consistiu esta actividade.

VOLVEMOS CON... OS RETOS DOS MESES DE FEBREIRO, ABRIL E MAIO!

Canto facía que non me pasaba por aquí a falarvos dos retos do mes!! 

"Alunizar y alucinar" Podcast de 5º para o Concurso Nacional de RNE

Boas rapazada!

Aquí estamos, un xoves máis, cun novo programa dende a mellor radio de todo pontevedra: a C@staradio!

Nesta ocasión veño marabilloso podcast que o grupo de 5º presentou ao "II Concurso de Radio Nacional Española (RNE) de Podcast Escolar"

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA 3º TRIMESTRE (abril e maio)

 Como todo o bo chega ao seu fin, co comezo de xuño rematan as actividades da tarde da biblioteca. Pero non vos preocupedes!! Antes de que remate o curso aínda nos quedan outras moitas divertidísimas por diante! Comezamos!

Introdución á robótica e programación

Unha das actividades que máis adoitar gustar á rapazada son as relacionadas coa robótica e programación. Hoxe estou aquí para contarvos todo o que se fixo este curso arredor destes eixes.

Fomento da escritura dende bibliocarballedo. Curso 2021/2022

Boas rapazada!

Hoxe estou aquí para falarvos unha nova actividade que iniciamos este ano en bibliocarballedo a través das titorías: os obradoiros de escritura!

Fomento da lectura no curso 2021/2022

 Boas!

Como cada ano, coa chegada de xuño toca facer balance de todo o curso académico no que se refire ao fomento da lectura e... que vos pareceu que fose polas clases contando as actividades que ibamos facer?


Ampliación do espazo "bibliocreativa": AULA MULTISENSORIAL

 Boas rapazada!

Este ano no cole introducímonos no mundo das instalación de xogo e, para poder levalas a cabo, recuperouse unha das aulas baleiras da planta baixa para ampliar o espazo creativo da biblioteca e crear un aula multisensorial. 

Hoxe estou aquí para explicarvos para que creamos esta aula multisensorial e que buscamos con ela.

ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA 2º TRIMESTRE (xaneiro, febreiro e marzo)

Boas rapazada!

Xa facía tempo que non me pasaba por aquí para falarvos das actividades de dinamización da biblio, así que hoxe vimos cargados cos calendarios do 2º trimestre. Listos?

Club de lectura "Cast@lectores" 2º trimestre

Boas!

Xa sabedes que este curso participamos no programa da Asesoría de Bibliotecas "Club de Lectura", por iso hoxe estou aquí para contarvos as actividades que se realizaron dende el.