ENTROIDO 2018

Boas rapazada:

O primeiro de todo quero agradecervos que me salvarades de Gusmalote, e que me axudasedes a ser rescatado das súas fauces cumplindo os mandatos que vos foi facendo ao longo da semana.
Unha vez dito desto e como xa sabedes, o pasado venres celebramos na nosa escola o Entroido, e fixemos varias actividades. 
Por unha banda levamos a cabo un desfile de moda artístico, onde desfilaron personaxes tan coñecidos coma Dalí, Picasso, Frida, Agatha, Torre Eiffel, Van Gogh, Cocó Chanel, as Meninas, o cadro do Grito e outros moitos que podedes ver nas seguinte reportaxe fotográfica. 
Por outra tivemos varios concursos: de disfraces tanto para o alumnado coma para as súas familias e o de sobremesas. 

E a derradeira actividade antes da entrega de diplomas e da troula foi a queima de Gusmalote.

Aquí vos deixo un video resumo  da festa do entroido, Agardo que vos guste tanto coma a  min.


OS MANDATOS DE GUSMALOTE

Ola, ola!!!
Que tal rapaciños de Carballedo? Estarédesvos a preguntar quen son. Pois ben, chámome Gusmalote, e son un verme moi moi fedelleiro, levo moito tempo agachado no patio da escola observando o ben que o pasades na escola co voso amiguiño Castañón, que facedes unha morea de traballiños, que lle facedes agasallos polo seu aniversario, que ides velo a biblioteca… Xa estou farto,de ver isto! Rematou aquí!!
Dende hoxe eu son a vosa nova mascota!!! Castañón xa é historia para  todos vós.
Aqui vos deixo a miña fotiño para que me vaiades coñecendo.
Estaredes preguntándovos que foi del. Pois ben para comezar con bo pé convosco, vóuvolo contar. Entrei ás agachadas, onte pola tarde na biblio, e alí estaba el sentadiño na súa cadeira coas pernas cruzadas e agardando a que fose de día para estar convosco, e... coa axuda dos meus axudantes SECUESTRÁMOLO.Si, si, léstedes ben, secuestramos a Castañón! E para que o vexades cos vosos propios ollos mándovos unha fotiño que lle acabamos de sacar…


Imaxino que algún de vos estará pensando que quere recuperar a Castañón, non si? Queredes que volva?
Pois vouvos propor un reto para a vindeira semana, se TODOS cumprides as miñas ordes non haberá problema e... recuperará o seu sitio e seguirá sendo a vosa mascotiña e se, pola contra, non cumprides...CASTAÑÓN será historia e eu quedarei no seu lugar. Parecevos ben?

Estade atentos e atentas ao taboleiro da entrada, xa que cada día ireivos deixando un encargo, que debedes cumprir grandes e pequenos
DEICA OUTRA
APERTAS

GUSMALOTE!!!







IMPRESIÓNS COA 3D

Boas rapazada!
Como xa sabedes, dende o pasado mes de xuño temos na escola unha impresora 3D, que nos achegou a Asesoría por formar parte do Proxecto Escornabot na biblioteca escolar.
Dende comezo deste curso,o alumnado de 5º e 6º está tendo unha hora semanal de robótica,e ademais de empregar programas coma o Mblock, montar e desmontar Escornabots e os robots doutro proxecto de Iniciación a robótica (Mbots),tamén andan a artellar, con axuda dos seus mestres,  con esta impresora 
Aquí vos deixo unha fotiño do que levan feito ata o momento.

Agardo que vos guste tanto coma a min. Saúdos, Castañón!

DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR

Boas rapazada:
Como xa sabedes o día 30 de xaneiro é o día da Paz e da non Violencia escolar e nós celebrámolo, coma cada ano, na nosa escola. 
Fixemos dúas actividades, por unha banda relacionamos esta celebración coa arte, polo medio da danza e da música, cantando e interpretando a canción Paz de Juanes no patio. E por outra, continuamos traballando a arte polo medio da pintura, xa que elaboramos un mural cunha pomba debuxada e plasmamos as nosas mans, como símbolo da Paz mundial. 
Aquí vos deixo as fotografías para que poidades observar que ben o pasamos e canto gozamos destas actividades.
























 Saúdos, Castañón!
















PONTE NAS ONDAS

Boas rapazada:
Como xa sabedes, estamos no programa de Radio na Bilbio,e o pasado martes, tivemos a sorte de contar na nosa escola con dous membros da asociación Ponte nas Ondas de Pontevedra que viñeron á escola para facer un obradoiro de radio co alumnado de 5º e 6º.
Nesta actividade ensinaronlles moitas cousas, como interpretar un texto na radio,o manexo do programa de edición de audio Audacity que se pode facer con esta nova ferramenta e mesmo fixemos un programa piloto entre todos !!!!
Aquí vos deixo as fotografías do evento:






































Moitas grazas a Damián e a Xerardo por esta mañá tan productiva para a miña rapazada. Saúdos, Castañón!