5º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada :
Como xa vos informamos a través das ondas, da nosa Cast@radio temos en marcha o seguinte reto, que nesta ocasión consiste en facer un vídeo cun trabalingüas.
Aquí vos irei deixando os que vaiamos tendo. Agardo a vosa participación activa por parte de todas as familias xa que este é un reto moi sinxeliño. ÁNIMO E A PARTICIPAR!!!

FOTOS DO 4º RETO , COCIÑA CREATIVA

OLA RAPAZADA:
Como vai todo? Hoxe deixovos aquí as fotos dos retos da cociña creativa que fomos recibindo estamos á espera dos vídeos dos trabalingüas que son o reto desta semana.  
Cómpre sinalar que estes pratos que ides ver deseguido son verdadeiras obras de arte. Moitas grazas a todos por participar!!!!
 É importante dicir que neste caso non temos gañadores que todos os que participastedes neste reto teredes, si é que podemos voltar ao cole, un detalliño agardando por vós.

Aquí temos a Aldara e Laia de 5 anos que están a facer unhas merendas divertivas con varias froitas.



De seguido temos a merenda de Álex e Adrián  unhas serpes  de medo!!!


A torta de Paula e de Breixo Salatti que nos ensinan a súa sobremesa para celebrar o día da nai:
 
Aquí temos a obra de arte de André Regadas :

 E rematamos cunha nova sobremesa de Aldara e Laia que compartiron connosco a súa torta de aniversario.
Saúdos, Castañón. 

LETRAS GALEGAS 2020

Ola rapazada:
Este ano as letras galegas están adicadas a Ricardo Carvalho Calero, e aquí vos deixo uns Scape Room o primeiro é para infantil e o segundo é para primaria. É un xogo moi entretido no que tedes que ir superando probas para poder conseguir dar coa solución e solucionar o caso. Moito ánimo e...adiante .



Saúdos Castañón