Amosando publicacións coa etiqueta fomentodalectura23-24. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta fomentodalectura23-24. Amosar todas as publicacións

Apadriñamentos lectores: curso 23-24

Bo día compañeiros/as!


Outro ano máis, co obxectivo de fomentar a lectura entre a nosa rapazada decidimos continuar cos apadriñamentos lectores. Como xa saberedes doutros anos, estes apadriñamentos consisten en que os máis maiores lle lean á rapazada máis cativa do centro. 

Este ano, debido á implementación no noso centro dos obradoiros interniveis enmarcados dentro do programa Polos Creativos levámolos a cabo tódolos mércores despois do recreo. 

Por aquí vos deixamos unhas fotiños!


Saúdos

Castañón

Club de lectura e familias

Estimadas familias!

Outro ano máis queremos agradecervos a vosa implicación e participación no club de lectura.

 Este curso as lecturas escollidas foron as seguintes:


Durante estos meses levamos a cabo diversas xuntanzas nas que comentamos e intercambiamos imprensións do lido. Ademais, tamén aproveitamos a visita de Ledicia Costas a Pontevedra, a autora do segundo libro escollido, para xuntarnos e ter así o libro asinado.

Agardamos vernos o próximo curso 24-25!

Moitas grazas a todos e todas!

Saúdos!



Día do Cómic e visita de Eva Mejuto

 OLA COMPAÑEIROS/AS!

O pasado 17 de marzo celebrouse o Día de Cómic e nós aproveitamos a visita dunha gran escritora como o é Eva Mejuto para traballar sobre a banda deseñada.

Club de lectura: 1º trimestre

 OLA RAPAZADA!
Como xa saberedes, este ano temos en marcha tres clubs de lectura: un para 1º e 2º, outro para 3º e 4º e o club de 5º e 6º.

Hora de ler: Contacontos "Corre corre, cabaciña"

 OLA COMPIS!

O xoves o alumnado de 5º deleitounos na hora de ler cun teatriño de sombras no que adaptaron o famoso conto Corre corre, cabaciña.