DÍA DAS LETRAS GALEGAS!

 OLA RAPAZADA!

O venres 17 de maio conmemoramos como cada ano o Día das Letras Galegas, este ano adicado a Luísa Villalta. 

Ao longo da pasada semana o alumnado foi profundizando e traballando sobre a poestista Luísa Villalta a través de diferentes actividades.
Tras coñecer un pouquiño máis sobre esta escritora tivemos a sorte de asistir a unha representación teatral a cargo de "A Xanela Maxín", en colaboración co concello.
 Esta representacion, titulada De Castro a Villalta ten como obxectivo por en valor o legado das seis mulleres homenaxeadas nas Letras Galegas: dende Rosalía de Castro ata Luísa Villalta.
Grazas a esta pequena representación non só aprendemos datos moi importantes das súas vidas senón que tamén puidemos escoitar algúns dos poemas máis coñecidos de todas elas. Por aquí vos deixamos un anaquiño!

Saúdos!

Castañón

Ningún comentario:

Publicar un comentario