Xornada deportiva: campo a través!

 BO DÍA COMPAÑEIROS/AS!

Que gran xornada tivemos esta semana, pois outro curso máis chegou un dos días máis esperados: o campo a través!

O pasado martes o noso alumnado de 2º a 6º de educación primaria tivo a oportunidade de desplazarse a Caritel e poder gozar do cross escolar xunto coa rapazada dos outros centros escolares da contorna.

O alumnado foi participando por categorías e, ao rematar tomaron un chocolate como parte da merenda.

Por aquí vos deixamos algunhas fotos da xornada:

Unha gran xornada na que o alumnado puido gozar do día tan solleiro que nos acompañou así como fomentar o deporte e valores como o compañeirismo, o respeto ou a solidariedade.

Saúdos

Castañón







1 comentario:

  1. Q ben o pasáchedes facendo deporte e disfrutando de tan bo día rapazada!! A seguires compartindo tan lindos momentos na natureza!! E para rematar..chocolataaadaa!! 👌💚🫶

    ResponderEliminar