OLA RAPAZADA!
Durante o segundo trimestre continuamos co club de lectura e, polo tanto, tivemos a gran sorte de gozar de novas lecturas.
No segundo trimestre a rapazada continuou participando de maneira activa no club de lectura decidindo leer as seguintes lecturas:
- 1º e 2º: Axente Riciños do Hematocritico.
- 3º e 4º: Un segredo entre as nubes de Victoria Moreno.
- 5º e 6º: A muller xabaril de Fina Casalderrey.
Ao longo do trimestre levamos a cabo diversas xuntanzas nas que intercambiamos opinións sobre o libro, se nos gusta, que aspectos nos foron chamando máis a atención... así como diferentes obradoiros como facer a nosa propia lupa como se fósemos verdadeiros axentes, facer nubes de gominola ou unha pequena mesa redonda acompañada dun biscoito para falar sobre A muller xabaril. Por aquí vos deixamos algunhas fotos:
Vémonos nas xuntanzas do terceiro trimestre!
Apertas
Castañón
Ningún comentario:
Publicar un comentario