RESOLUCIÓN DO 3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada:
Nesta ocasión estou aquí para darvos a resolución do 3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO, nesta ocasión temos un empate entre as irmáns Laia e Aldara e o seu compañeiro de clase André. Cando voltemos á escola estarei encantado de darvos os vosos agasallos na biblioteca. 
Un saúdiño Castañón.

4º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

BOAS RAPAZADA:
AQUÍ VOS DEIXO O 4º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO, ESTAMOS DESEXANDO VER AS VOSAS CREACIÓNS COS ALIMENTOS MOITO ÁNIMO E MOITAS GRAZAS A TODOS POR PARTICIPAR.



CAST@RADIO

Boas rapazada:
Como vai todo? Como xa sabedes neste tempo de confinamento non estamos a realizar os programas de radio, estivemos agardando para volver a facelo dende a nosa emisora, pero como vemos que esto se alonga queremos facelo online con todas e todos vós. Animádesvos?

Me imaxino que vos estaredes plantexando que é o que tedes que facer, pois é moi moi sinxelo, tedes que gravar un audio, ben sexa co Audacity ou co móbil, e mandarnolo ao enderezo de correo electrónico da biblioteca que como xa sabedes é bibliocarballedo@gmail.com.
Este audio pode ser unha consulta, unha mensaxe de agarimo, unha receita, un conto,unha opinion,unha canción para os nosos minutos musicais, un poema... o que queirades e o que se vos ocurra, debedes deixar a vosa imaxinación a voar e así entre todos voltaremos a recuperar a maxia da Cast@radio e é unha maneira de achegarnos un chisquiño máis e saber uns dos outros  nestes tempos de confinamento. 
Lembrade unha cousa importante e é que na radio FALAMOS GALEGO, así que todos os audios que enviedes deberán ser nesta lingua.
Animádevos a participar !!! Agardo con moita ansia todos os vosos audios, para montar o noso seguinte programa de radio, seremos quen de telo preparado para o vindeiro mércores???


Un saúdo e unha aperta virtual do voso amigo 
Castañón!!

3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada:
Aquí vos deixo o 3º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO, esta vez queremos celebrar o día do libro que é o vindeiro xoves día 23 e para isto queremos que nos mandedes un audio, en galego contando un pequeno conto sobre a posible cura contra o coronavirus. E despois publicarémolos na radio. 
Estou seguro que estades desexando voltar a escoitar os programas e andamos argallando para que así sexa no menor tempo posible, así axudádenos e mandádenos os audios!!
Animádevos a participar!!
Saúdos, Castañón !!

RESOLUCIÓN 2º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada :
O primeiro que quero agradecervos é a vosa participación nas actividades da biblioteca, estou moi ledo de vervos nas fotos que me van chegando. Aquí vos deixo as fotos que recibin esta semana do acrosport familiar. 
E darvos a coñecer aos gañadores que nesta ocasión foron Adrián e Álex Pousa coas súas dúas figuras enviadas.Parabéns!!!!









MOITAS GRAZAS FAMILIAS E XA QUEDA UN DÍA MENOS PARA VERNOS!!

2º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

BOAS RAPAZADA:
Como xa sabedes estamos cos retos para activar o cerebro, e aquí vos propoño o seguinte reto. Estades preparados?
Nesta ocasión queremos implicar ás familias e imos facer ACROSPORT FAMILIAR,polo que queremos ver ás vosas familias practicando esta técnica que vos ensinou o profe Julián.. Así que mans á obra e a innovar..
Xa sabedes que tendes ata o vindeiro domingo para enviar as vosas figuras. 
Ánimo e a participar!!.

RESOLUCIÓN DO 1º RETO PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada:
Como xa sabedes a semana pasada plantexabamos o 1º reto para activar o cerebro que consistía en facer a torre máis alta. Aquí temos as que se presentaron ao concurso:


 A torre de Adrián e Álex Pousa, unha delas foi feita con pezas de construción e mide 1.64 centímetros e ten 79-80 pezas e a outra con pauiños  de madeira e usaronse 28 paus e puxéronlle 0.93 metros. 


 A torre de Breixo e Paula Salatti mide 2.85 metros e para realizala empregaron: Unha caixa con xoguetes, 2 monopolis, 2 crebacabezas, 23 libros e enciclopedias, 3 dicionarios,15 contos, 1 máquina de facer pegatinas,6 bonecos, 2 cadeiras,unha alfombra de goma eva, 2 cestas, unha caixa con apuntes, 10 cubos apilables de cartón e un debuxo cun arco da vella. En total 65 obxectos nos que se axudaron dos seus pais e dun gancho para poder chegar ao máis alto.
 A torre de Aldara e Laia Malvar  fixeron unha torre de 1.50 metros na cal empregaron os contos da súa habitación, concretamente 148.

 A torre de André Regadas, que mide 1.11 metros e está composta por 43 obxectos:
 A torre de Daniel Chamadoira que fixo unha torre de 1.74 metros composta de 14 elementos.
E os gañadores son:
BREIXO E PAULA SALATI COA SÚA TORRE DE 2.85 METROS DE ALTURA!!!
PARABÉNS RAPACES!! E A VOLTA AO COLE IDE POLA BIBLIOTECA PARA RECOLLER O VOSO PREMIO.
SAÚDOS 
CASTAÑÓN!

RETOS PARA ACTIVAR O CEREBRO

Boas rapazada:
Como xa sabedes neste confinamento, fixemos os RETOS PARA MOVER O ESQUELETO, e agora imos mudar e imos facer os RETOS PARA ACTIVAR O CEREBRO, nesta ocasión teredes unha semana para realizar cada un dos retos para activar o cerebro e comezamos co primeiro que consiste en realizar a torre máis alta, aver quen cosegue ao final desta semana enviar a máis alta, teredes ata o vindeiro domingo día 12 para facer os vosos envíos e o luns diremos quen é o gañador ou gañadora da sorpresa de Castañón e plantexaremos o segundo reto.
Anímadevos a facer as vosas torres e dádelle á imaxinación.
Saúdos Castañón!
Saúdos, Castañón!!!

NOVA QUENDA DE LETTERING

Boas rapazada:
Como vos vai co confinamento? Para axudarvos a pasalo un chisquiño mellor teño unha nova que contarvos, o vindeiro luns volvemos a facer un obradoiro de lettering a través da nosa canle de instagram e contamos con todos vós. Anímadevos a participar!!.

SEGUNDO OBRADOIRO DE LETTERING

Boas rapazada:
Debido ao éxito do primeiro obradoiro de lettering a través da nosa canle de Instagram, decidimos facer a segunda quenda e quedades todos convidados para o vindeiro venres ás 18.30 horas. Non vos esquezades de que temos unha cita online co lettering e coa profe Paloma!!!