Felicitación de Nadal 2024

Querida comunidade educativa, 

Dende o CEIP de Carballedo desexámosvos que pasedes unhas moi boas festas xunto cos vosos seres queridos e que próximo ano veña cargadiño de boas novas.

Nós aquí vos esperamos con novas ideas e propostas para a nosa rapazada!

FELICES FESTAS

CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Programa de radio especial Nadal!

 OLA RAPAZADA!

Achégase a época máis máxica do ano polo que aquí vos deixamos o primeiro programa de radio especial Nadal para ir quentando motores.

Agardamos que vos guste e que o pasades tan ben como o fixemos nós cando o escoitedes.

Apertas

Castañón

Exposicións PDI Carballedo, escola de superheroes 1º trimestre

 OLA OLA RAPACES E RAPAZAS!
O venres pasado todo o noso alumnado demostrou o aprendido ao longo deste primeiro trimestre sobre os superheroes.

Reto da biblio: Novembro

RETO SUPERADO!



Noraboa a toda a rapazada por superar con creces o reto da biblioteca do mes de novembro.


Agora Castañón xa poderá pasar desapercibido para que os viláns non descubran a súa identidade e poida estar tranquilo desfrutando das lecturas da nosa biblio.


Moitas grazas!


Conmemorando o Día Internacional da (dis)Capacidade

 BOS DÍAS COMPAÑEIROS/AS!

Este martes 3 de decembro conmemoramos Día Internacional da Discapacidade.

Constitución da cooperativa As Cores de Carballedo 5.0

 OLA RAPAZADA!

Outro curso máis poñemos en marcha a nosa cooperativas As Cores de Carballedo.