QUE NERVOS ACHEGASE A REAPERTURA DO MEU FOGAR!!

Ola rapaces, rapazas, nais, pais, irmáns, parentes do alumnado de Carballedo, hoxe estou moi moi nervoso, porque  levo traballando arreo dende que cheguei a esta escola en outubro, en remodelar a biblioteca nos anacos que ía tendo libres cando non estaba prestando libros, creando actividades ou escribindo no blogue e POR FIN ides poder contemplar o meu traballo e o dos meus axudantes a partir do luns.

 Os primeiros que o van ver serán os rapaciños de infantil e de primeiro de primaria que desfrutarán dun conto co grupo Pavís-Pavós, o martes tanto infantil coma primaria desfrutaran da actuación do mago Javier Muro e para rematar a semana e dar o espazo da biblioteca por reinaugurado os nenos dende segundo a sexto de primaria voltaran ao meu fogar para participar nun conto de Pavís- Pavós, esta actividade do contacontos esta financiada pola nosa ANPA e o mago polo centro.

Agardo que vos guste tanto coma a min o meu novo fogar e espero ler moreas de comentarios no blogue para saber a vosa opinión sobre a nobre a nova BIBLIOCARBALLEDO.

SAÚDOS E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!




APADRIÑAMENTOS LECTORES

Hoxe é o meu primeiro día do libro convosco, e para celebralo na nosa escola decidímos levar a cabo os apadriñamentos lectores.

 Os nenos do segundo ciclo, acudiron ás aulas de infantil e leronlles uns contos aos pequechiños, cada alumno "grande" líalle a dous ou tres " pequenos", un conto que eles mesmos truxeron das súas casas, e que escolleron por serén significativos para eles cando estaban nesta etapa.

 O alumnado do terceiro ciclo decidíu ler entre todos o libro "Palabras de caramelo" de Gonzalo Moure,ao alumnado do primeiro ciclo. Ían lendo por Parágrafos, fomentando así o gusto pola lectura e o traballo interciclos.

 Como sempre deixovos unhas fotiños, para que desfrutedes tanto coma a nós  celebrando o día do libro.













O alumnado de 1º e 2º escoitando moi atentos "Palabras de Caramelo"


















 FELIZ DÍA DO LIBRO ! 
 E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSA... CASTAÑÓN SEMPRE Á VOSA DISPOSICIÓN!


ACHEGASE O DÍA DO LIBRO

Mafalda, o personaxe de cómic creado polo arxentino Quino fai 50 anos, será o estandarte dos actos de celebración do Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor da Unesco, que se celebrará o próximo 23 de abril. Proclamado en 1995, o Día Mundial do Libro conmemorase cada ano o 23 de abril, data do falecemento de Cervantes e William Shakespeare. Tamén ese día comezará o mandato da cidade nixerana de Port Harcourt como capital Mundial do Libro por un ano, título que lle foi entregada pola Unesco, a Unión Internacional de Editores e pola Federación Internacional de Asociacións de Bibliotecarios e Bibliotecas.

Saúdos Castañón !