DESPEDIDA AO ALUMNADO DE 6º

 

O pasado luns 21 de xuño foi a vosa graduación e, aínda que a celebración non foi todo o grande que nos gustaría, tivestes o voso momento, estabades guapísimos e pasástelo así de ben.








Chegados a este punto soamente nos queda dicir: 

Abril, Mateo, Xabi, Noemí, Abril, Luana, Kidist, Antía

para todos os vosos mestres/as e compañeiros/as do CEIP Plurilingüe de Carballedo, e para min, Castañón, foi un pracer acompañarvos na primeira etapa da vosa vida. 

Desexámosvos todo o mellor.

Desfrutade o voso percorrido polo cole ao longo de todos estes anos:


COLABORACIÓN CO CONCELLO: LETRAS GALEGAS

O pasado 17 de maio, Día das Letras Galegas, o concello solicitou a vosa colaboración para desenvolver a actividade titulada "Contos ao teléfono".


A rapazada recolleu lendas da zona e historias que lles contaron os seus maiores e, con elas, gravamos o seguinte programa na cast@radio.



O pasado martes todos os participantes recibiron un agasallo por parte do concello pola colaboración coa actividade. Pronto poderedes escoitar o programa completo na páxina do concello.



Moitas grazas a todos/as. 

Castañón!!

XORNADA DE OBRADOIROS. DESPEDIDA DO CURSO 2020-2021

 O último venres de cole tivemos unha mañá moi axetreada chea de actividades. As condicións meteorolóxicas non nos permitiron facer a xornada de convivencia que tiñamos planeada pero iso non nos impediu celebrar o remate do curso por todo o alto.

Ao longo da mañá do venres organizáronse diversos obradoiros:

      Croma

                                    



   Escornabots


                 




Elaboración de xeados saudables con froita





Baile



            



Manualidades


                     

                     



Circuito deportivo









Agardamos que vos gustaran as actividades e que o pasarades xenial.


Castañón!!

RECOMENDACIÓNS LECTORAS: ESTE VERÁN MERGÚLLATE NA LECTURA

Rapaces, rapazas, familias, profes... isto chega á súa fin!!!

Agardo que este verán desfrutedes moito do tempo libre, do tempo en familia, do tempo cos amigos, na casa, no xardín, na piscina, na praia... E, que en todo ese tempo, non esquezades viaxar moito a través da lectura. Aquí vos deixo unha selección das miñas lecturas favoritas para infantil (prelectores), 1º e 2º (primeiros lectores), 3º e 4º (lectores autónomos), 5º e 6º (lectores expertos), e nesta ocasión tamén para os papis, as mamis e profes.

   Feliz verán e feliz lecturas!!

Castañón!!


1. Paxaros   2. Yo iré a la escuela por ti 3. Bo camiño peregrino!  4. Paso a paso  5. La avellana  6. Isto non é unha selva


1. Croniñón  2. Sapo y Sepo, inseparables  3. Minimortos  4. O aniversario de Pupi  5. Anna kadabra. Pasteles peligrosos


1. Cando a Terra esqueceu xirar  2. Billy y el vestido rosa  3. Plan de rescate  4. O estanque dos parrulos pobres  5. El lugar más bonito del mundo


1. Invisible  2. A folla azul  3.Trece anos de Branca  4. Hay un chico en el baño de las chicas  5. El fabricante de sueños  6. Vampira de biblioteca

1. La sombra del viento  2. Patria  3. Vestido de novia  4. Enseña como un pirata  5. Grandes aprendizajes Montessori para pequeñas manos  6.Gramática de la fantasía