POSTAL DE NADAL: FELICES FESTAS DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO

Benqueridas familias,

nestas datas tan especiais eu, Castañón, xunto co equipo docente do colexio, agardamos que pasedes unhas felices festas e un próspero ano novo! 
O meu desexo para este ano é que todo o alumnado poida volver a traballar e desfrutar (maiores e pequenos xuntos) na biblio, como faciamos antes.
Como non podía ser doutro modo, este ano fixemos unha postal diferente gracias á axuda de Cosme para desexarvos un BO NADAL.


 

Desfrutade coas merecidas vacacións rapazada!! Cargade moito ás pilas, lede moito e ...

BOA ENTRADA DE ANO! VÉMONOS Á VOLTA!
(Comede todas as uvas, que agora xa tedes práctica).

PODCAST SEMANAL 4.

 Rapazada, aquí vos deixo o último programa semanal da Castaradio antes das vacacións. Proximamente compartirei con vosco o especial de Nadal para que poidades pasar un bo anaco cos vosos compañeiros e compañeiras. 

Agardo que vos guste!



RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL

 Aínda non sabes que mercar este Nadal? Non o dubides, aposta polos libros! Ademáis, son ideais para esta época de pandemia:

- permítenche viaxar sen ter que saír da casa.

- ensínanche a ser crítico coa información que recibes.

- aprendes a pensar e a valorar outros puntos de vista.

- é unha moi boa opción para entreterse e facer novas amizades.

Aquí vos deixo recomendadas unhas das miñas lecturas favoritas. Agardo que vos guste a selección que fixen especificamente pensando en vós.

Ah! E non vos esquezades: facede como toda a miña rapazada e apostade polo local á hora de mercar!




Ata a próxima! 

Castañón.



25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

 Este curso, como non podía ser doutra maneira, a conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero fixémola través dos contos. 

Cada clase seleccionou un libro e analizouno a fondo. A rapazada aprendeu o que son os estereotipos e tamén os valores que normalmente se atribúen a cada xénero, destacando a súa presenza en gran parte das historias que len ou vén. Estes foron os libros seleccionados.


Despois disto, houbo reparto de roles e prepararon unhas entrevistas que foron gravar á castaradio. Quedáronlles chulísimas! A ver se adiviñades quen fai de quen? Metéronse tanto no papel que eu case non son quen de recoñecelos!

 

 

Gracias por estas historias, paseino xenial con elas pero sobretodo, aprendín un montón!

Saúdos de Castañón!!

ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA OUTUBRO-NOVEMBRO

BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2020/2021

Boas! 

Este ano, debido ao estado sanitario, non puidemos abrir a biblioteca ata ben entrado outubro. Porén, esta situación non nos impediu deixar de prepararvos actividades. Toda a rapazada pode vir a visitarme semanalmente, coa peculiaridade de que cada clase ten reservado un día á semana para facer os empréstitos e devolucións, así como para o uso da xeral da biblioteca (acompañados dun mestre do seu equipo docente). 

Este foi o primeiro calendario:












Poderedes acceder ás actividades de biblioteca creativa na lapela co mesmo nome na parte superior.

 Pronto veredes as actividades tan chulas que temos no calendario de novembro-decembro!

Ata pronto!

Castañón

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO

Boas rapazada!

En novembro, entre outros acontecementos, celebramos o mes da Ciencia. E que mellor modo de facelo que estrenando o Clube de ciencia na biblioteca experimentando con algunhas teorías!

Este foi o programa de actividades.

 

E este foi o resultado:


Ademais, os máis pequeniños tamén se remangaron e colleron as súas follas de rexistro para investigar sobre a flotación e a imantación. 




Non me digades que non están feitos uns expertos científicos!
Animádesvos a intentar algún nas vosas casas?

Un saúdo de Castañón!

PODCAST SEMANAL 3.

Boas rapazada!

Xa estou aquí outra semana máis cun novo programa de radio. Ven cargadiño de novas! 
Temos unha nova sección: "Adiviña o conto!" A ver se coas pistas que vos dan os vosos compañeiros e compañeiras sabedes de que conto están a falar. 











Ata a próxima semana!