LIBROS DE MAN EN MAN

Ola familias!
Hoxe estou moi ledo, porque estamos de estrea, acabamos de abrir a nova ZONA DE NAIS E PAIS  na nosa biblilo. 
Queremos que sexades partipes do noso entusiasmo pola lectura,e para isto acabamos de por en marcha unha nova actividade que chamamos LIBROS DE MAN EN MAN, isto é un intercambio de libros entre as diferentes familias do noso alumnado, a condición fundamental para poder participar é traer moitas gañas de ler e vir a escola no horario en que estea algún membro do meu equipo para que vos poida facer o empréstito. Ademais disto debedes traer convosco un libro que xa lerades e que queirades compartir, e  intercambialo por outro doutra familia e así sucesivamente. Tedes as instrucións mais detalladas no TOKAPP  que vos enviei fai uns días para informarvos do que estabamos a preparar.
Conto, coma sempre,coa vosa participación e colaboración. Cal será a familia máis lectora da nosa escola?


Xa sabedes que para calquera dúbida ou consulta ... Castañón sempre está á vosa disposición ! 

DÍA DA PAZ

Rapaciños e rapaciñas, pensabades que este ano non iamos celebrar o DÍA DA PAZ E DA NON VIOLENCIA ESCOLAR? 
Este ano, continuando a traballar os bosques que é o P.D.I deste curso, ímos ilustrar uns contos, que cada curso, terá que preparar nas súas aulas e ler ao resto dos compañeiros durante esta xornada. Ademais disto quero que vaiades máis alá e que contedes a historia mediante debuxos e ilustracións e despois poder deixalos plasmados nas árbores que temos na corredor da entrada da escola. 
Ademais os nenos  e nenas de infantil terán que preparar unha canción e unha árbore, posto que é o símbolo da Paz en África.

Para ver máis detalles podedes consultar a lapela "Castanovas" onde están as instrucións que vos enviei ás vosas aulas.

Saúdos, Castañón!


O ENTROIDO

Boas rapaciños e rapaciñas:
O entroido está a piques de chegar, e como xa sabedes este ano xirará ao redor do que estamos a traballar na biblioteca,co noso P.D.I, sobre OS BOSQUES, así que cavilade,  estou seguro de que nos sorprenderedes tanto coma sempre.

Apertas Castañón.