24 DE OUTUBRO DIA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Boas rapazada:
Como xa sabedes o día 24 de outubro é unha data moi especial na nosa escola, posto que celebramos dúas cousiñas, por unha banda o Día Internacional das Bibliotecas Escolares e, por outra,  o meu aniversario, que nesta ocasión xa cumplo 6 aniños con vosco.
Coma cada curso, para celebrar o día das bibliotecas e para arrancar o noso P.D.I. facemos un Concurso de ambientación de portas, e neste ocasión a temática foron Os Xogos Olímpicos. 
Para coñecer aos gañadores fixemos unha votación segreda, onde tivemos unha mesa electoral, co seu correspondente censo, as papeletas e por suposto o reconto final. 
Aquí vos deixo as fotos das portas deste curso, e de seguido o proceso de votación e o reconto das mesmas:
 ALUMNADO DE 5º E 6º DE E.P.
 ALUMNADO DE 1º E 2º DE E.P.
 ALUMNADO DE 3 E 4 ANOS.
 ALUMNADO DE 3º DE E.P.
 ALUMNADO DE 4º DE E.P.
ALUMNADO DE 5 ANOS.
Despois de ver as portas, aquí vos deixo o proceso de votación e o resultado. Parabéns a todos os participantes!!!

















E o resultado quedou da seguinte maneira:

1º Clasificado: 5º e 6º de primaria con 17 votos
2º Clasificado: 3 e 4 anos con 12 votos.
3º Clasificado : 1º e 2º de primaria.
4º Clasificado: 4º de primaria.
                              5º Clasificado:  Alumnado de 3º de E.P. e o de 5 anos con 7 votos.

En total emitíronse 62 votos no día de hoxe.

PARABÉNS A TODOS RAPAZADA!!!!!

E unha vez feito esto debo agradecer coma sempre o agarimo que recibo da vosa parte e estou encantado cos vosos agasallos. Aquí vos deixo as fotiños dos meus regaliños, para que vexades o afortunado que son de vivir en bibliocarballedo. 




GRAZAS RAPAZADA POR TANTO AGARIMO E XA SABEDES PARA CALQUERA COUSIÑA... CASTAÑÓN SEMPRE A VOSA DISPOSICIÓN !!!


COMEZAMOS A TEMPADA NA CAST@RADIO

Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para anunciarvos que arrancamos coa nova tempada de programas radiofónicos. 
E temos varias novidades que contarvos, por unha banda dicir que hoxe estreamos o novo material que mercamos co diñeiro do premio do I Concurso de Podcast. E que amosamos como temos agora a Cast@radio na s seguintes fotografías.












 E por outra banda neste  primeiro programa estreamos unha sección deste tempada, a cal versa sobre os Xogos Olímpicos que, como xa sabedes, é o tema do noso PDI.
Neste programa mantemos a axenda da biblioteca e os infantís opinan de... que nesta ocasión falan sobre o deporte, pero acaban falando de superheroes.









Xa podedes escoitar o programiña na lapela correspondente. Aínd que esta vez por ser o primeiro programa vou engadilo a esta entrada.


Saúdos 
Castañón.

PRESENTACIÓN DO P.D.I.

Boas rapazada:
Como xa sabedes este ano o noso P.D.I. versa sobre os Xogos Olímpicos e hoxe, mércores día 2 de outubro, tivemos unha xuntanza na biblioteca para ver un vídeo, sobre a historia e a orixe destes xogos, na antiga Grecia.
A intención ao poñervos este video é que comecedes a investigar e a cavilar sobre a temática deste ano, psoto que xa está en marcha o VI CONCURSO DE AMBIENTACIÓN DE PORTAS, e o vindeiro día 24 de outubro,Día das Bibliotecas Escolares, e do meu sexto aniversario, daremos a coñecer aos gañadores .

Xa sabedes poñedevos máns á obra e a traballar !!!
Saúdos, Castañón!!!



















En breves subiremos o vídeo que se puxo para a presentación do P.D.I. ao noso alumnado.
E xa sabedes ...para calquera cousiña, Castañón sempre a vosa disposición!!!!!

DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR

Boas rapazada:
Hoxe estou aquí para contarvos que este ano, como o adicamos ao deporte, decidimos, o pasado luns día 30 de setembro celebrar o Día Europeo do Deporte Escolar, e para iso os profes de E.F. do cole preparon uns xogos para rotar o alumnado e gozamos dos 120 minutos de deporte que se nos solicitaban dende a organización para participar desta iniciativa. 


De seguido deixovos as fotos para que vexades o que desfrutamos do evento:








































  E FIXEMOS FIGURAS ENTRE TODOS, FOI DIVERTIDÍSIMO!!!


























































FELIZ DÍA EUROPEO DO DEPORTE ESCOLAR!!!! 
 
Saúdos,Castañón!!!