Club de lectura 3º trimestre

 BO DÍA RAPAZADA!

Estase achegando o fin de curso e toca ver que libros escollimos e que actividades fixemos no club de lectura durante este trimestre.

Despois de realizar un pequeno faladoiro decidíronse as seguintes lecturas:
  • 1º e 2º Miñoca e Ourizo
  • 3º e 4º Lendas do recreo
  • 5º e 6º Alma de elefante


O alumnado de 1º e 2º despois de ler Miñoca e Ourizo moldeou con plastilina aos persoaxes e a verdade e que non lles podían quedar mellor.
No caso da rapazada de 3º e 4º tras ler Lendas do Recreo decidiron que eles tamén tiñan as súas propias lendas no patio polo que elaboraron o seu propio cómic no que reflexaron as súas anécdotas.
E, xa por último, o alumnado de 5º e 6º reflexionou sobre a importancia xa non só de respecto aos animais senón tamén sobre que os bos actos levan consigo unha boa resposta por parte da comunidade. Por outra banda, os rapaces e rapazas pensaron nun animal co que se senten identificados, debuxáronno e escribiron palabras que expresan os motivos polos que escollían ese animal.

Foi un placer compartir estos ratiños con todos e todas vós!

Vémonos o ano que vén con novas lecturas.

Apertas

Castañón








Ningún comentario:

Publicar un comentario