POLO CORREO DO VENTO

OLA RAPAZADA!!
Que tal vos vai? Como xa sabedes o pasado mércores día 29 de novembro tivemos a sorte  ter na nosa biblioteca aos compoñentes de POLO CORREO DO VENTO que viñeron facernos un pequeno percorrido da man de Petra polas terras de Pontevedra. Foi unha experiencia estupenda posto que un dos membros do grupo contaba a historia, e o outro ía facendo a ilustración. 
Unha vez rematada esta parte, chegou a quenda para facer unha rolda de preguntas, e posteriormente, ensinaronos como facer unha ilustración, cunhas pequenas pautas para levar a cabo un personaxe cómico ou caraturizado. 
O certo é que nos resultou unha experiencia marabillosa posto que como xa sabedes, estamos a traballar A ARTE e ver de preto uns artistas tanto da palabra coma da ilustración resulta sempre gratificante.
Moitas  grazas pola visita e aquí vos deixamos as fotos do encontro. 


























Agardo que vos guste, saúdos Castañón!

DÍA DA PALABRA

OLA RAPAZADA:
Aquí vos deixo o vídeo resumo do Día da Palabra, que como xa sabedes celebrámolo o pasado día 20 de novembro. 
Este ano realizamos un mural que denominamos EMOCION-ARTE, e que consistiu en que cada alumno/a escollese unha emoción e a plasmase de xeito artístico,nun banderín que posteriormente colgamos realizando un mural na entrada da escola. 

Esta actividade ten un obxectivo fundamental que é empregar a palabra coma canle de comunicación posto que todos os rapaces tiveron que explicar diante do resto de compañeiros/as a súa elección, e porque o plasmaron dese xeito gráficamente.
Todo o alumnado foi quen de facer este traballo dentro das súas posibilidades,cómpre sinalar que falar en público e en galego non resulta unha tarefa sinxela para a nosa rapazada pero todos foron quen de dicir a emoción que escolleron e o porque da mesma. 

Para que vexades a nosa celebración deixovos aqui un vídeo resumo da mesma. 

Agardo que vos guste tanto coma a min. 

Saúdiños Castañón!!!