PÁXINAS
- P.D.I. CARBALLEDO 20-30 (22-23)
- RECOMENDACIÓNS LECTORAS
- PROGRAMAS DE RADIO
- BIBLIOTECA CREATIVA
- CAST@RTISTADAS
- CAST@_RADIO
- CONVIDADOS Á CAST@RADIO
- P.D.I OS BOSQUES (14/15)
- P.D.I AS FEIRAS (15/16)
- P.D.I. O CINE (16/17)
- P.D.I. A ARTE (17/18)
- P.D.I. O ANO DOS CONTOS (20/21)
- P.D.I. O ANO DE GALICIA (21/22)
- AS CASTANOVAS
- CLUB DE CIENCIA
- POLOS CREATIVOS
POSTAL DE NADAL: FELICES FESTAS DO CEIP PLURILINGÜE DE CARBALLEDO
PODCAST SEMANAL 4.
Rapazada, aquí vos deixo o último programa semanal da Castaradio antes das vacacións. Proximamente compartirei con vosco o especial de Nadal para que poidades pasar un bo anaco cos vosos compañeiros e compañeiras.
Agardo que vos guste!
RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA NADAL
Aínda non sabes que mercar este Nadal? Non o dubides, aposta polos libros! Ademáis, son ideais para esta época de pandemia:
- permítenche viaxar sen ter que saír da casa.
- ensínanche a ser crítico coa información que recibes.
- aprendes a pensar e a valorar outros puntos de vista.
- é unha moi boa opción para entreterse e facer novas amizades.
Aquí vos deixo recomendadas unhas das miñas lecturas favoritas. Agardo que vos guste a selección que fixen especificamente pensando en vós.
Ah! E non vos esquezades: facede como toda a miña rapazada e apostade polo local á hora de mercar!
Ata a próxima!
Castañón.
25 DE NOVEMBRO. DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
Este curso, como non podía ser doutra maneira, a conmemoración do Día contra a Violencia de Xénero fixémola través dos contos.
Cada clase seleccionou un libro e analizouno a fondo. A rapazada aprendeu o que son os estereotipos e tamén os valores que normalmente se atribúen a cada xénero, destacando a súa presenza en gran parte das historias que len ou vén. Estes foron os libros seleccionados.
Despois disto, houbo reparto de roles e prepararon unhas entrevistas que foron gravar á castaradio. Quedáronlles chulísimas! A ver se adiviñades quen fai de quen? Metéronse tanto no papel que eu case non son quen de recoñecelos!
Gracias por estas historias, paseino xenial con elas pero sobretodo, aprendín un montón!
Saúdos de Castañón!!
ACTIVIDADES PARA A DINAMIZACIÓN DA BIBLIOTECA OUTUBRO-NOVEMBRO
BIBLIOTECA CREATIVA CURSO 2020/2021
Boas!
Este ano, debido ao estado sanitario, non puidemos abrir a biblioteca ata ben entrado outubro. Porén, esta situación non nos impediu deixar de prepararvos actividades. Toda a rapazada pode vir a visitarme semanalmente, coa peculiaridade de que cada clase ten reservado un día á semana para facer os empréstitos e devolucións, así como para o uso da xeral da biblioteca (acompañados dun mestre do seu equipo docente).
Este foi o primeiro calendario:
Poderedes acceder ás actividades de biblioteca creativa na lapela co mesmo nome na parte superior.
Pronto veredes as actividades tan chulas que temos no calendario de novembro-decembro!
Ata pronto!
Castañón
NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO
Animádesvos a intentar algún nas vosas casas?
PODCAST SEMANAL 3.
DÍA DA PALABRA
Outro ano máis, 20 de novembro, celebramos o DÍA DA PALABRA. Nesta ocasión, moitas quebraduras de cabeza e diversión lles demos o meu amigo "O ladron de palabras" e máis eu, Castañón, á nosa rapazada!
Neste mes contra a violencia de xénero, cada clase está a traballar con dous contos relacionados co tema e, pareceunos imprescindible traballar a educación emocional: identificación de emocións e dos sentimentos das personaxes en distintas escena,s e desenvolvemento da empatía. Así, a palabra de cada neno e nena foi a do sentimento que escolleron.
Resulta que o xoves enterámonos de que alguén andaba a roubar as súas palabras xa preparadas e, a pesar de que as esconderon e protexeron moi ben, o LADRÓN DE PALABRAS saíu do seu conto e colleunas todas! Tras a sorpresa que levaron o venres ao chegar ao cole, e tras moito tempo buscando onde poderían estar... mirade o que aconteceu!
Agardamos que vos gustara moito a trasnada que vos preparamos e que o pasarades xenial.
E... ata a próxima ocasión, estará a pensar en vós Castañón!
XEOGRAFÍAS LECTORAS: QUE É LER PARA TI?
Este foi o resultado.
Grazas pola vosa colaboración!
2º PODCAST SEMANAL
Segundo podcast na CASTARADIO. Que novas nos traerá hoxe a rapazada?
PREMIOS DO CONCURSO DE CABAZAS E DE DISFRACES DE SAMAÍN
Pais, nais, nenos e nenas, irmás/s, curmáns/ás... BENVID@S A UNHA NOVA EDICIÓN DO CONCURSO DE CABAZAS E DE DISFRACES!!!!!
A temática deste ano para o concurso de cabazas era a do noso PDI: "O ano dos contos". PARABÉNS A TODOS OS PARTICIPANTES! Fixestes un traballo extraordinario e, se non me credes, comprobádeo por vós mesmos!
Este ano resultoume especialmente difícil ter que seleccionar só a uns poucos, a calidade de todos os traballos foi excepcional. Finalmente, os gañadores desta edición foron:
A máis elaborada:
1º premio: Paula Moledo (Hansel e Gretel)
2º premio: Martín Cobas (Os tres porquiños)
A máis graciosa:
1º premio: Pablo Bouzas (Pinocho)
2º premio: Brais Losada (O gato de Alicia)
A máis vistosa:
1º premio: Noa Puente (Carapuchiña Vermella)
2º premio: Laia y Aldara Malvar (Hansel e Gretel)
A máis orixinal:
1º premio: Paula Salatti (Cincenta)
2º premio: Javi e Hugo Diz (Cincenta)
A máis científica:
1º premio: Paula Cuíñas (O Grinch ten o coronavirus)
A máis terrorífica:
1º premio: Xabi Carou (Os pitufos)
2º premio: Zaira Álvarez (Son Goku)
A máis cuqui:
1º premio: Antón Fernández (Mickey Mouse)
2º premio: Mía Peleteiro (Elmer)
En canto aos gañadores/as do CONCURSO DE DISFRACES de Samaín foron:
O máis elaborado
1º premio: Kidist (6º)
O máis vistoso
1º premio: Branca (3º)
2º premio: Mariña (5 anos)
O máis orixinal
1º premio: Matías (1º)
2º premio: Carla B. (5º)
O máis terrorífico
1º premio: Noemí (6º)
2º premio: Hugo R. (3º)
O máis tenebroso
1º premio: Uxía (2º)
2º premio: Chloe (5º)
A mellor maquillaxe
1º premio: Paula (6º)
2º premio: Paula (4º)
O máis cuqui
1º premio: Antón (3 anos)
2º premio: Lara (5 anos)
O máis mortífero
1º premio: Candela (3 anos)
2º premio: Vicky (4º)
Aquí vos deixo de novo as fotos para que lembredes como fostes tod@s disfrazados (tamén a de Javi e Hugo, que non puideron estar no cole pero acompañáronnos dende as súas casas!)
Noraboa a todos polo voso traballo! Os gañadores e gañadoras podedes pasarvos o luns no recreo pola biblioteca para recibir a vosa recompensa.
E a min, Castañón, non me queda máis que dicir que, GRAZAS POLA PARTICIPACIÓN!!
Lémonos!
DÍA DAS LIBRARÍAS
Boas!
Aquí estou de novo. O venres 13 de novembro foi o Día das Librarías e nós, celebrando o "Ano dos contos" non podiamos deixar de facer algunha actividade para conmemoralo.
Os máis pequeniños crearon a súa propia libraría na aula. Todos querían ser libreiros e agora son uns expertos/as! Mirade que ben lles quedou:
O alumnado de primaria traballou sobre os dereitos do consumidor e debatiu sobre se era mellor comprar na rede ou nas librerías da localidade. Deste xeito afondaron un pouco na importancia de apostar polo comercio local (especialmente nestes tempos tan difíciles para todos) e para iso decidiciron crear os seus anuncios publicitarios con eslogans. Este foi o resultado
E Ti... APOSTAS POLO LOCAL?
ESTREAMOS O CURSO NA CASTARADIO!
Boas rapazada!
Xa nos estamos poñendo ao día coa Castaradio. Aínda que cun pouco de atraso, aquí vai o primeiro podcast de novas que gravamos neste curso 2020/2021. Podedes atopar todos os programas que vaiamos emitindo (e os dous outros anos) na lapela "Programas de radio" da barra superior.
Ensínovos algunhas fotos:
PORTAS GAÑADORAS